Outras

Escolma de lecturas para o V Outono clásico-literario

Suxestións de lecturas para unha viaxe moi literaria.

A "sin sombrero" María Silgar

Unha lectura moi acaída para celebrarmos o Día das Escritoras e para coñecermos mellor o protagonismo de Mª Ignacia Ramos Díez (María Silgar), unha “sin sombrero”, na obra de Ricardo Carbalho Calero, autor do Día das Letras 2020: Á sombra de María Silgar, Carvalho Calero contra a ‘historia única’ (xénese e análise d’ A xente da Barreira e Os señores da Pena) de Xulio Pardo de Neyra, Edicións Embora, 2019.

Unha densa e pormenorizada análise dun Carvalho Calero polígrafo mercé á intervención de Mª Ignacia Ramos, a súa esposa e compañeira. Esta descóbrese como unha das tantas e tantas mulleres silenciadas que, embora, destacaron con luz propia no planisferio das letras dunha Galiza adoito magoada. Do punto de vista integral e integrador, Pardo de Neyra aborda neste traballo o estudo do Carvalho primeiro novelista de Posguerra e o da Ramos Díez inspiradora, aleitadora e mesmo escritora. Co pano de fundo da Historia Social, por este texto aténdese á realidade que levou Carvalho a agasallar á literatura galega coas súas primeiras tentativas romancísticas logo da implantación do fascismo inaugurado en 1936, así como á do Carvalho docente, impulsor e inspirador do importante proxecto educativo do Colexio Fingoi de Lugo, un dos máis relevantes para a historia da educación galega (da presentación editorial)

Cinexornal 0

Cando remata o ano, comezamos un novo boletín, exclusivo para recomendacións fílmicas. Que este Cinexornal 0 sexa o punto de partida dunha longa serie porque as artes do cine son longas por máis que a vida sexa breve.

Muller e ciencia: feminino e plural

Muller e ciencia concordan en xénero, é o que nos demostra Las chicas son de ciencias.

Desde Agnodice, muller que tivo que colocarse a careta de home para poder alcanzar o

seu soño de ser médica ata a madrileña María Teresa Toral, química e farmacéutica

represaliada, pasando por Ángela Ruíz Robles, leonesa precursora do libro electrónico,

foron moitas as mulleres pioneiras que escribiron páxinas gloriosas no libro da ciencia.

A piques de rematar novembro, mes da ciencia na biblioteca escolar, recomendamos

esta lectura divulgativa para coñecermos mellor a contribución feminina á ciencia.

 

CÍVICO, Irene e PARRA, Sergio, Las chicas son de ciencias. 25 científicas que

cambiaron el mundo, (ilustrado por Nuria Aparicio), Penguin Random House,

Barcelona, 2018 (1ª ed., 3ª reimpresión), 115 pp.  

 

portada

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer