Poesía do Mes

Febreiro 2016

QUIÉN ERES TÚ

“¿Quién eres tú
que entre nocturnas sombras,
sorprendes de este modo mis secretos?”
(William Shakespeare)


Habitante de mis sueños,
diapasón de mis latidos,
ladrón de besos.

¿Quién eres?

Navegante en mis venas,
socavador de voluntades,
minero de mis huesos.

¿Quién, quién eres?

Panadero de deseos,
relojero de misterios,
profesor de escalofríos,
alpinista en mis piernas.

Que me escribes y me lees
como si obra tuya fuese,
que me ahogas,
que me engulles,
que traspasas mis defensas
de ciudad sitiada
con aplomo de quien sabe
que me tiene.

Elvira Laruelo de la Roz

Visita, se queres, o blog desta poeta

Xaneiro 2016

Outro ano en arrandeo, e detrás nosa,
os nosos pasos de onte xa sin voz.
E os nosos xeitos, xa con non sei qué
de doce señardá de cousas orfas.

Todo o que fomos ten xa unha alma antiga
con trinta anos de mármore e alcipreste,
con dozura de herbiña silenciosa
e terra bendecida e oco escuro.

Aquel verso primeiro, aquel amor
que eu tiven non sei cando, mais amargue
e pequeniño que un agruño verde,
e aquel camiño longo que perdín.

E aquel medo na noite malferida
toda esgarrapizada pol-as beiras.
E aquela soledá, ¡qué ledas cousas,
ora que son almiñas do outro mundo!

¡Qué ledas cousas ora cara ó escuro,
cando imos a subir á carriola!
¡Qué ledas cousas, ¡qué recimo ledo,
doce de intres amargues coma agruños!

       

Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961)

Decembro 2015

FE DE VIDA

Sé que el invierno está aquí,
detrás de esa puerta. Sé
que si ahora saliese fuera
lo hallaría todo muerto,
luchando por renacer.
Sé que si busco una rama
no la encontraré.
Sé que si busco una mano
que me salve del olvido
no la encontraré.
Sé que si busco al que fui
no lo encontraré.
Pero estoy aquí. Me muevo,
vivo. Me llamo José
Hierro. Alegría (Alegría
que está caída a mis pies.)
Nada en orden. Todo roto,
a punto de ya no ser.
Pero toco la alegría,
porque aunque todo esté muerto
yo aún estoy vivo y lo sé.


José Hierro (1922-2002), de: Alegría III Alma herida- Alegría interior – 1947
 in Poesías completas (1947-2002), Ed. Colección Visor de Poesía 2009

 

Novembro 2015

 

 

VENDIMA

 

 

 

 

A Manuel Salgueiro Castro

Ó vello, estás deitado
e no recanto do cuarto
arde o caxato impregnado
coa suor de tantos anos.
Lastrado o camiño da vida,
soña o mar a auga doce
do amor que teu corpo sorbía.
Soñas nos altos penedos
do corazón
o naufraxio das horas
o galope incesante nas ondas
da túa constelación.
Cabalgas no circo do ocaso,
e para todos saúdas na area domada.
Saltas no trapecio imposíbel
e voas
co billete obliterado
da última función.
Labrador dos teus días,
chega a túa vendima.
Mentres cae na negra tinalla
o alquímico sangue
da túa familia.

Alfredo Ferreiro, Versos fatídicos

Outubro 2015

A foto de Aylan Kurdi, un neno sirio de tres anos morto nas costas turcas, conmocionou ao mundo. Aylan e a súa familia fuxían do inferno sirio.
Mentres nós regresamos ás aulas con normalidade, moitas nenas e nenos sirios e doutras zonas en conflito non teñen garantida a súa educación, alimentación ou vida. A todos eles dedicamos a letra da canción Somos os nenos de Siria, en versión abreviada.
Porque música e poesía están irmandadas con esta letra inauguramos as poesías do mes deste curso.

 

 

 

 

 

Somos os nenos de Siria

 

Somos os nenos de Siria
mirade o que nos está pasando.
Estamos sufrindo masacres, matanzas, desafiuzamentos,
e o medo domínanos...

Os soños da nosa infancia permanecen no noso interior
e aínda non creceron.
Malvado, dinos:
que che fixemos para que nos asasines?

Que che fixemos para que nos asasines?
Podes matarnos, podes facernos sufrir,
podes deixarnos orfos e podes asasinarnos
mais non poderás cambiar o que hai nos nosos corazóns.

Protexédenos dos bombardeos,
protexede a nosa infancia.
Derrubaron os nosos fogares
e queimaron as nosas escolas.

Mundo: que está a pasar?
O voso silencio estanos matando.
Dádenos a infancia
dádenos a seguridade.

Temos dereito a vivir con seguridade,
liberdade e dignidade.
Teño dereito a vivir como un ser humano
e debuxar os meus soños.

En Al Hula asasinaron aos  nenos,
e o sangue está derramándose a chorros.

Mundo: onde estás?
Xente, tendédenos as vosas mans,
por que non nos facedes caso?
Satisfaivos ver como o exército asasina aos nenos pequenos?

Mundo:  xa chega de tanto silencio,
nós estamos morrendo.
Que Deus nos dea paciencia!
Somos os nenos de Siria.

Xuño 2015

CONTO


Era Galicia un puro val ou oco
de densidade verde e fume morno.
Era Galicia a chaira máis espida,
inerte néboa sobre illó de lodo.

Era Galicia esguío vento agudo
encrequenando en si tódalas cousas.
Era Galicia un arbre lentamente
ensumíndose un pouco cada hora.

Era Galicia cen avós de terra
sen vengar, mudos ecos que nos moven.
Era Galicia un mar perfectamente
denso, sen luz e con sabor a homes.

Era Galicia a patria do traballo
de nunca terminar, pola boroa.
Era Galicia un home sen cabeza.
Era unha vez Galicia, espranza angosta.


                                               Xosé Luís Méndez Ferrín

Maio 2015

 

SINFONÍA AL  SILENCIO DEL TIEMPO

 

En la tarde del tiempo rescaté mi cajita de lata.
Me esperaban…
un adiós ante el vaso de whisky con hielo,
el lienzo roto de dos caligramas, 
tres solemnidades sin guirnaldas rojas ni bombones de chocolate negro
y en una toalla…cuatro lágrimas.
Entre folios manchados de insomnio, cinco amaneceres,
seis gritos de ausencia con viento de duelo pegado a la espalda
y las siete notas de mi pentagrama creando horizontes de duda
a ocho cartas bumerang, con fiebre de espera y de rabia.
Nueve desencuentros profanando un poema que increpa al orgullo
y, cobijadas, tras una sonrisa tus diez rosas huérfanas -quizá mal contadas-
Once tardes grises para la acuarela de tu calendario,
doce puestas de sol sin metáforas ni castillos de arena,
trece sombras de amor con textura de menta y acacias
y catorce palabras de amargo silencio…
entre quince líneas marchitas de distancia.

Hoy abrí mi cajita de lata
                                                                 …y esperé a que el piano sonara.
                                                                                                             ¿Bailamos?

                                                                               Conchi Sedano 

Conchi Sedano

Abril 2015

Pero nada cambia
todo fica
no mesmo lugar
atemporal, inamovible
son as mesmas paisaxes,
os mesmos silencios
as mesmas ondas
xa non hai parellas
enlazadas pola rúa
nin estraños rituais
nin frustracións perversas,
nin poetas
porque nada cambia
agás os ollos
con que se ve
o tempo


Modesto Fraga (1974)

modesto fraga

Marzo 2015

La más mujer del mundo

sonríe como un cómplice
bajo el calor suelta sus animales bellos desnudos indolentes
y recorren la tierra llenándola de ansias de carne en libertad
ella prepara sus abismos
ninguno la conoce
en la mitad de la noche me despierta la oigo
como enciende su furor
y las crepitaciones
de rostros que ella quema lentamente
contra su voluntad.



Juan Gelman (1930-2014)

Juan Gelman

Febreiro 2015

Se a economía a levase
unha muller
con dúas fillas ao cargo
que vivise co salario mínimo interprofesional
alugueiro que pagar todos os meses
e unha mai con Alzheimer
a que coidar
non faltaría nin sobraría
un euro de ningún orzamento
e todos se investirían
nas cousas verdadeiramente importantes. 

      María Reimóndez (Lugo, 1975) in Moda galega reloaded,   Positivas, 2014,  páx. 30

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer