Segundo a Rede de Centros de Ensino Público de Galicia, o noso Centro está autorizado para impartir: 4 grupos por nivel na ESO (16 grupos) e en Bacharelato 2 grupos de Ciencias e Tecnoloxía e 2 grupos de Humanidades e Ciencias Sociais por nivel (8 grupos).
Están adscritos ao Instituto segundo dita Rede:
- O Colexio de Educación Infantil e Primaria de Pazos de Reis
- O Colexio de Educación Infantil e Primaria nº 1 de Tui
- O Colexio de Educación Infantil e Primaria nº 2 de Tui
- O Colexio de Educación Infantil e Primaria de Randufe
Na actualidade impártense 6 niveis: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, e 1º e 2º de Bacharelato.
1º da ESO: 4 grupos coas seguintes materias optativas:
- 2ª Lingua estranxeira (francés ou portugués).
2º da ESO: 4 grupos coas seguintes materias optativas:
- 2ª Lingua estranxeira (francés ou portugués).
3º da ESO: 4 grupos (e un Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento), coas seguintes optativas:
- Cultura clásica.
- 2ª Lingua estranxeira (francés ou portugués).
- Opción Bilingüe en Educación Física.
4º de ESO: Dúas modalidades: Ensinanzas Académicas e Ensinanzas Aplicadas.
- Opción Billingüe en Educación Física.
En 1º de Bacharelato: 4 grupos repartidos nas modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.
En 2º de Bacharelato: 4 grupos repartidos nas modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.