Skip to Content

Avaliación

Criterios, reclamacións e normativa

Criterios

Os criterios xerais para a avaliación, promoción, titulación e matrículas de honra para o curso 2022/23 réxense polo recollido no:

 

Reclamacións

A obxectividade na avaliación así como o procedemento de reclamación de cualificacións e decisións de promoción e obtención de título académico, veñen regulados e establecidos por:

  • a Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2022-23.

 

Normativa

A normativa de base e referencia relacionada coa avaliación é:

  • Decreto 156/2022, de 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia;
  • Decreto  157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia;
  • Orde do 25 de xaneiro de 2022pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia;
  • Orde de 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011 de 7 de decembro, pola que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autoónoma de Galicia, en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio de educación;
  • Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

 

Data: 
Mar, 11/04/2023 - 02:00
Distribuir contido


by Dr. Radut