Skip to Content

Inclusión

Falamos de Identidade, falamos de transxénero

Grazas ao patrocinio da Concellería de Igualdade, este venres, 17 de xuño, teremos connosco a Nee Barros Fernández.
Coñecide  nas redes  como @neeumatiko, Nee  dirixe unha canle en youtube, escribe poesía, canta e fai música, e tamén se confesa un apaixonado da fotografía. Salientamos o labor de visibilización que fai da realidade das persoas trans e dos abusos que estas padecen por parte dun sistema que aplica o odio por defecto. Elu é tamén un defensor do binormativismo.
Na biblioteca temos a súa obra Identidade, un texto teatral que aborda o tema da transexualidade dunha forma moi persoal e cunha linguaxe que chega ao público máis novo. Dentro la literatura galega estamos diante dun dos textos pioneiros desta temática igual que as novelas Fóra do normal de María Reimóndez ou 22 segundos de Eva Mejuto.
Identidade propón que as persoas sexan sempre escoitadas e tratadas dende a súa diversidade. A través de Zé, o protagonista, tomamos conciencia do camiño que segue unha persoa que busca a súa propia identidade, dos apoios que atopa e tamén dos atrancos dunha sociedade marcada polos patróns do patriarcado e da transfobia e que ten medo ao diferente.
Accede a unha entrevista con elu premendo aquí
e podes visitar a súa canle de youtube aquí

Día contra a LGTBIfobia

O 17 de maio é tamén o Día Internacional contra a discriminación pola identidade sexual e a discriminación de xénero. En tal día do ano 1990  a Asemblea Xeral da Organización Mundial da Saúde eliminou a homosexualidade da lista de doenzas mentais. Aínda así son bastantes os países que hoxe en día seguen a penalizar nas súas leis a homosexualidade, a  transexualidade, a bisexualidade ou o lesbianismo, estabelecendo penas que poden chegar á cadea perpetua ou á morte.

Pero incluso nas sociedades de carácter máis aberto e tolerante está a observarse unha repunta no cómputo das discriminacións e agresións a todos estes colectivos con preferencias sexuais diferentes das consideradas convencionais. Determinadas ideoloxías e organizacións están dando pábulo a actitudes homófobas e tránsfobas.
O lema da campaña deste ano, moi acaido para o actual contexto de pandemia, é “Xuntos: resistindo, apoiando, sandando!" Unha parte da resistencia, do apoio e da curación está alicerzada na educación. A educación fainos máis libres e máis tolerantes.
Por outra banda os países asinantes da Axenda 2030 farán realidade a premisa de “non deixar a ninguén atrás” sempre que garantan con efectividade os dereitos dos colectivos LGTBI, só así pasaremos da teoría das declaracións de boas intencións á aplicación de principios como os contemplados nas metas 16.1 e 16.b do obxectivo 16 do desenvolvemento sustentábel: “Reducir de xeito significativo todas as formas de violencia e as correspondentes taxas en mortalidade en todo o mundo” e “promover e aplicar leis e políticas non discriminatorias en favor do desenvolvemento sostible”.

Rematamos  cuns versos de Xela Arias, a autora do día das Letras deste ano; ela foi unha das precursoras no tratamento da marxinalidade no mundo da lírica: e dentro dese mundo están a homosexualidade ou a transexualidade reprimidas: “soltar amarras dos músculos tensados baixo os dedos/de calquera tenra man que calme brasas”

Día contra a LGTBIfobia

O 17 de maio é tamén o Día Internacional contra a discriminación pola identidade sexual e a discriminación de xénero. En tal día do ano 1990  a Asemblea Xeral da Organización Mundial da Saúde eliminou a homosexualidade da lista de doenzas mentais. Aínda así son bastantes os países que hoxe en día seguen a penalizar nas súas leis a homosexualidade, a  transexualidade, a bisexualidade ou o lesbianismo,  estabelecendo penas que poden chegar á cadea perpetua ou á morte. Pero incluso nas sociedades de carácter máis aberto e tolerante está a observarse unha repunta no cómputo das discriminacións e agresións a todos estes colectivos con preferencias sexuais diferentes das consideradas convencionais. Determinadas ideoloxías e organizacións están dando pábulo a actitudes homófobas e tránsfobas.
O lema da campaña deste ano, moi acaido para o actual contexto de pandemia, é “Xuntos: resistindo, apoiando, sandando!" Unha parte da resistencia, do apoio e da curación está alicerzada na educación. A educación fainos máis libres e máis tolerantes.
Por outra banda os países asinantes da Axenda 2030 farán realidade a premisa de “non deixar a ninguén atrás” sempre que garantan con efectividade os dereitos dos colectivos LGTBI, só así pasaremos da teoría das declaracións de boas intencións á aplicación de principios como os contemplados nas metas 16.1 e 16.b do obxectivo 16 do desenvolvemento sustentábel: “Reducir de xeito significativo todas as formas de violencia e as correspondentes taxas en mortalidade en todo o mundo” e “promover e aplicar leis e políticas non discriminatorias en favor do desenvolvemento sostible”.
Rematamos  cuns versos de Xela Arias, a autora do día das Letras deste ano; ela foi unha das precursoras no tratamento da marxinalidade no mundo da lírica: e dentro dese mundo están a homosexualidade ou transexualidade reprimidas: “soltar amarras dos músculos tensados baixo os dedos/de calquera tenra man que calme brasas”

Poemas de amor x poetas youtubers


 

LIBROS EN PDF de Lectura Fácil


 
Distribuir contido


by Dr. Radut