Skip to Content

escola_infantil

APADRIÑAMENTO LECTOR

Un ano máis, desde a Biblioteca e coa colaboración do Departamento de Relixión e da materia de Estratexias de Comunicación, o alumnado de 1º de ESO ven de apadriñar á cativada da Galiña Azul.
Cos seus álbumes ilustrados ás costas e o seu bo facer, o noso alumnado usa os seus recreos para ir ler contos xs máis peques que xs están esperando cos brazos abertos.
Unha experiencia igual de fantástica para os rapaces e rapazas do noso IES como para os nenos e nenas da Escola Infantil. Unha simbiose perfecta.

CONTOS E CANTOS na Galiña Azul

Marchamos con lecturas para volver con lecturas

Remata o curso mais non as ansias de ler.
Nesta semana, grupos de 1º ESO están acudindo á escola infantil estremeira para seguir tendendo pontes coa lectura entre os máis novos.
Uns presentando contos adaptados, outros como madriñas ou padriños buscando afillad@s para compartir palabras escritas ou orais, tod@s ilusionad@s mentres dura a actividade e preguizos@s canto toca despedirse ata a próxima ocasión porque imos de vacacións pero volveremos...
Nos espazos interiores ou ao ar libre, acubillados do sol ou deixando que os seus raios aloumiñen os nosos corpos, quen quere marchar cando está connosco un particular boneco "Michelín legendum" que todo o le e a tod@s divirte?

Despedíndonos con lecturas

É tempo de rematar o curso mais tamén de seguir lendo

Ao longo desta última semana de curso aproveitamos para seguir estreitando lazos lectores coa escola infantil estremeira.

Grupos de primeiro da ESO están a compartir gratificantes experiencias lectoras e a facer de contacontos para tender pontes de amizade cos máis pequenos.

Nos espazos interiores ou ao ar libre, acubillados do sol ou acariciando os seus raios e sempre protexidos por un conto ou calquera engaiolante historia, madriñas e padriños, afilladas e afillados tod@s gozamos e non queremos que chegue a hora de marchar, sobre todo cando temos connosco un particular boneco "Michelín Legendum"

No Nadal facendo canteira

Se onte tendemos lazos coa terceira idade, hoxe fixémolo cos nosos veciños da Escola Infantil (a primeira idade); cómpre sementar porque eles serán, a medio prazo, o noso alumnado e seguro que algúns tamén membros futuros do club de lectura.

Nestas datas levámoslle un pouco de música e contos. Do limiar encargouse un coro de alumnos de música que puxo voz a "Let it Swow". Logo os de 1º ESO narraron o conto "O boneco de neve feliz" e dramatizaron "O abeto e o apalpador" (con acompañamento musical de 1º BAC). Chegou despois o momento das panxoliñas que ofreceron alumnos de música de 2º ESO e foi a coda a interpretación "a capella" (4 voces) de "Hit the Road Jack". Non faltou un agasallo improvisado: o "Happy Birthday" coreado por todos para un neno que estaba de aniversario.

Rematamos deixando que os máis pequenos tocasen algúns instrumentos pois hai que facer canteira e, de feito, algúns danlle con xeito ao teclado ou a dirección de orquestra...

Grazas unha vez máis aos nosos embaixadores (músicos e lectores), aos seus profesores e aos encantadores veciños da Escola Infantil por ternos acollido, como sempre, con agarimo. Bo Nadal a tod@s!

Distribuir contido

by Dr. Radut