Xa están chegando os primeiros murais coas cidades-violeta elaborados polas titorías.
Despois de traballar e falarmos de distintos micromachismos e actitudes machistas e violentas contra as mulleres (a partir de fontes bibliográficas: zona 396 da biblioteca e recursos virtuais) comezamos a construír os murais de lugares que, sendo na aparencia feministas e igualitarios, agochan micro e macromachismos, violencias e maltrato.
Con tinta invisíbel fomos escribindo moitos deses comportamentos e actitudes -de palabra, obra e omisión- que podemos ler con luz ultravioleta. Tamén pegamos códigos QR que nos levan a enlaces e materiais diversos sobre o tema.
Grazas a todos os membros da comunidade educativa implicados nesta actividade!
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Ogallá que, con este traballo e reflexión, todos tomemos maior conciencia deste grave problema da nosa sociedade e actuemos en consecuencia!
• Programa “Comando Actualidad”: Rompiendo el silencio
https://www.rtve.es/play/videos/comando-actualidad/romper-silencio/6217318/
• Informe sobre víctimas de violencia de xénero menores de 21 anos:
C:\Users\jgallefe\AppData\Local\Temp\mso1EAB.tmp (xunta.gal)
• Galicia pasa a recoñecer como violencia machista o ciberbullying, sextorsión, grooming', usurpación de identidade, chaves ou contrasinais; sexting, ou pornovinganza, actividades que están a aumentar entre a mocidade
https://www.nosdiario.gal/articulo/social/unanimidade-parlamento-galego-gravacions-como-da-maruxaina-pasan-ser-onsideradas-violencia-machista/20211123140734132893.html
• Novas sobre violencia contra as mulleres en Galicia
https://www.elespanol.com/quincemil/temas/violencia-de-genero
https://www.epdata.es/datos/datos-graficos-violencia-genero/49/galicia/301
• Estatísticas España
https://violenciagenero.igualdad.gob.es/violenciaEnCifras/victimasMortales/fichaMujeres/pdf/VMortales_2021_11_08_1.pdf
En novembro de 2015 o alumnado de 4º de ESO da disciplina de Ética do IES Doramas (Moya-Gran Canaria) elaborou este manifesto que hoxe, cinco anos despois, non perdeu actualidade:
MANIFESTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES DORAMAS
CONTRA A VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES
A violencia contra as mulleres é unha das máis degradantes violacións dos Dereitos Humanos. Non respecta fronteiras, culturas, niveis económicos. Está presente no fogar, no traballo e na rúa. É unha inxustiza manifesta que impide que a sociedade avance no camiño da igualdade e o benestar común.
A violencia de xénero non pode considerarse un problema exclusivo das mulleres; todas as comunidades educativas, as institucións e a sociedade en xeral, deben participar na erradicación desta secuela social.
Ante esta situación, cada vez máis homes e mulleres, mozos e mozas, manifestan o seu compromiso e a súa vontade de previr a violencia contra as mulleres en todas as súas manifestacións. É por iso polo que neste día todos os que formamos parte da Comunidade Educativa do IES Doramas COMPROMETÉMONOS a:
1. Establecer relacións de igualdade entre mozos e mozas, promovendo a eliminación dos estereotipos femininos e masculinos. Non pode darse unha relación baseada no control, no dominio, sen respecto á outra persoa e a súa privacidade.
2. Promover unha educación igualitaria, rexeitando todas as accións, comentarios e chistes que discriminen a imaxe das mulleres.
3. Opoñernos a toda clase de violencia, escoitar aos demais e aprender a resolver pacificamente os conflitos mediante o diálogo, xa que a violencia nunca pode resolver os problemas que xorden nas relacións.
4. Manifestar sempre o noso rexeitamento a que calquera persoa, sexa do sexo que sexa, reciba un trato que atente contra a súa dignidade, rexeitando tamén calquera situación de discriminación polo mesmo feito.
5. Apoiar ás mulleres na súa loita contra este tipo violencia e solidarizarnos coas mulleres que a padecen.
6. Defender e facer respectar os dereitos das mulleres e os demais dereitos humanos, avisando ou denunciando se vemos algunha agresión.
7. Involucrarnos desde todos os ámbitos da nosa Comunidade Educativa, alumnado, profesorado, persoal de administración e servizos e ANPA, para lograr unha fronte común de “tolerancia cero” contra a violencia de xénero, facendo un labor de concienciación nas aulas e nas familias, eliminando radicalmente a violencia da nosa contorna.
8. Condenar aos que consideran que as persoas son obxectos da súa propiedade; aos que utilizan a forza para someter; aos que xeran medo para calar; aos que fan que a muller crea que non vale nada; e aos que non aceptan un “non” por resposta.
9. Facer ver que os celos e o control non son expresións de amor. Unha relación onde o mozo asume o control do móbil, da roupa, das saídas ou das relacións da muller non é unha expresión de amor senón o primeiro paso cara a unha futura violencia. SE SOFRES, NON É AMOR.
Porque non podemos mirar para outro lado cando media humanidade está en perigo,
porque non queremos facernos xordos aos berros de tantas vítimas
porque queremos ser a voz das que foron obrigadas a calar para sempre...
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer