O ENDL ten organizado un grupo de teatro escolar con alumnos e alumnas do proprio Centro. Son xa tres anos nos que un grupo de profesores e profesoras que agora forman parte do ENDL se reunen nas tardes dos mércores para explicar e practicar cos alunos e alunas técnicas de expresión corporal, dramaturxia e escenografia. Os responsábeis do grupo son Manuel Caldas, Xefe do Departamento de Historia e Alonso Vidal, profesor de Matemática e coordenador da ENDL. As aulas desenvólvense durante todo o curso escolar e finalizan coa representación dunha peza teatral para toda a comunidade escolar. O propio grupo de teatro é o encargado da realización de decorados, luces e escenografia. Xa foran representadas nos últimos anos as obras: "O achado do Castro", "Rio Bravo", (coa que fomos finalistas do certame de Teatro Aficionado do Baixo Miño), e este mesmo curso pasado "Médico á forza".
Procuramos os seguintes obxectivos: 1. Familiarizar o alumnado coa linguaxe teatral en galego. 2. Mellorar as actitudes de responsabilidade e traballo en equipo, así como a camaraderia entre compañeiros de distintos níveis do ensino. 3. Facilitar a expresión en público e afastar o medo escénico, fomentando a autoconfianza. 4. Dar conta da importáncia da lingua galega como ferramenta apropiada para a criación artística.Temos como destinatarios da proposta teatral todo o alumnado de todos os níveis, durante todo o ano. A representación teatral, na última semana do curso.
Se queres ver algunhas fotos podes premer aquí