![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Alumnado
Presentación do Curso e da Materia
Para estas dúas primeiras semanas temos un cometido moi interesante: a presentación de cada un de nós.
Premede no vídeo e saberedes algo máis das primeiras tarefas da materia e MANS Á OBBRA!!!!
FELIZ COMEZO!
Amalia Otero ;)
Acto de fin de curso 2º BAC. Curso 15/16
O martes 24 de maio foi a entrega de notas e o acto de fin de curso de 2º BAC.
O IES San Paio felicita a todo o alumnado que acadou o título de Bacharelato na
avaliación ordinaria ou que, nun último esforzo, o acadará na avaliación
extraordinaria de setembro.
Queremos tamén felicitar ás seis alumnas e alumnos que recibiron matrícula de
honra:
Mariña Álvarez Castaño
Ana Copena Soutelo
Patricia Guerra Balboa
Alfonso Lorenzo Fernández
Mar Rodríguez Troncoso
David Solleiro Durán
Bo traballo! Parabéns a todas e todos.
Premio Excelencia Académica a Sergio Martínez Domínguez
A vicerreitora de estudantes da Universidade de Vigo informou ao IES San Paio de que o antigo alumno deste centro Sergio Martínez Domínguez (en 2º BAC-A no curso 2014-2015) recibiu un Premio de Excelencia Académica para estudantes que se matriculan por primeira vez en titulacións de grao da Universidade de Vigo.
O IES San Paio felicita a Sergio e transmítelle os parabéns de todo o profesorado!!
Probas de acceso a grao medio e grao superior: Convocatoria 2016
Información xeral das probas de acceso a grao medio
Aquí podes consultar as partes das que consta o exame, respostas ás preguntas máis frecuentes,
contidos e criterios de avaliación das probas, materiais didácticos para preparas as probas e
información sobres os prazos e lugares de presentación das solicitudes.
Modelos de exames
Aquí podes consultar os modelos de exame das convocatorias anteriores 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015.
Información xeral das probas de acceso a grao superior
Xa volvemos de Andorra!!!!
Entra no noso blogue e séguenos día a día..
Necesitamos ánimos, deixa os teus comentarios. O mellor comentario será premiado cunha sorpresiña...
Que estudar e onde?
Se desexas saber onde podes estudar un determinado ciclo formativo, ensinanzas artísticas, deportivas ou unha carreira universitaria podes empregar o buscador que aparece na web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Na páxina tamén atoparás información sobre os prazos de matrícula, documentación necesaria e notas de corte.
Na web de FP do portal de educación podes consultar a Oferta da Formación Profesional en Galicia
A través do Rexistro de universidades, centros e títulos (RUCT) pode obter a información máis relevante sobre as universidades, centros e os títulos que conforman o sistema universitario español, no que constan inscritos os novos títulos de Grao, Máster e Doutoramento oficiais. Ademais, o RUCT ten carácter público e de rexistro administrativo, e foi concibido como un instrumento en continua actualización.
