![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Profesorado
A Historia de España de 2BAC en podcast: entrevista a Miguel Abraira na Radio Municipal de Tui
"Somos Historia" é o título da serie de podcast na que o noso profesor, Miguel Abraira, explica toda a Historia de España. Faino en episodios de entre dez e quince minutos, enfocándoo especialmente a todo o alumnado de 2º de Bacharelato de Galicia, pois os episodios coinciden coas posibles preguntas que fixa a CIUG para as probas de Selectividade ou ABAU nesa materia; pero o ton coloquial, sinxelo e didáctico fai que a serie poida ser amena e útil para calquera persoa interesada en coñecer, lembrar ou aprender un pouco máis da apaixoante e ás veces tráxica e desesperante Historia de España.
Aquí tedes a ligazón á entrevista: https://www.ivoox.com/48555857
E aquí, a ligazón á serie de podcast "Somos Historia": https://open.spotify.com/show/3czrAFAybse4LKgeeXZzp6 ou tamén en https://anchor.fm/miguelabraira.
Entrevista na Radio Municipal de Tui: Proxecto Erasmus+ CHIPRE E FRANCIA
Dúas novas mobilidades (Chipre e Francia) presentadas na Radio Muncipal de Tui. Preme para coñecer máis a noticia:
Guía para o profesorado: Publicar contidos na web do centro
Dende aquí podes descargar unha pequena guía, cos pasos a seguir se queremos publicar algún tipo de contido na páxina do noso departamento. Está actualizado para a versión 6.28 de Drupal, que é a que temos actualmente instalada. (Maio de 2017)
Grupos de Traballo de Encerado Dixital (EDI)
Titorial para descargar o programa da SmartBoard.
Titorial para o manexo da SmartBoard. (arquivo comprimido rar). Só pódese abrir se temos instalado o programa da SmartBoard.
Manual para o profesorado
Dende aquí podes descargar un pequeno manual de como publicar contidos en Drupal, imaxes, documentos adxuntos, vídeos...
Video titorial da galería de imaxes Copermine
Aquí podes ver un vídeo titorial con que aprenderás a crear unha nova categoría de fotografías, albumes nela e a engadirlle imaxes. Desfruta del.
Video titorial de ISSUU
Aquí tedes un pequeno video titorial para subir un documento pdf ao Issuu e incluílo na nosa páxina do IES San Paio.
