Skip to Content

Xuño 2018

Galicia,
estradas como serpes
pintas de cemento
pradarías que calaron
cara a onde?

Galicia é un cadrado
que pode tacharse de Tui a Ribadeo
e de Fisterra á Rúa
ou erguerse na solidez
dos catro puntos cardinais.

Un compás que sempre
marca o norte.
Norte de palabras
lingua
identidade.
Norte aberto.
O mar.

 María Reimóndez (1975) in Galicia en bus, Xerais, Vigo, 2018, páx. 93

portada

autora

 

 

 



page | by Dr. Radut