Abril 2017

Romúleas en abril


Camiños de monte aberto
as romúleas florecidas
e eu lembreime de ti.
En flor aberto purpúreas
ollos de vento e brancura
monte e romúleas camiños
abril lembranzas abril.

Ollos de brancura e vento
monte e romúleas, amigo,
no colo do mes de abril
lembranzas dos mil camiños
que contigo percorrín.

Romúleas do mes de abril
ollos de monte e brancura
camiño aberto no vento
que contigo compartín.
Romúleas meu amigo
purpúreas meu amigo
monte aberto meu amigo
o mar bate no cantil.

 

Antón Cortizas (Ferrol, 1954,

Nos páramos da Lúa)

cortizas  
  romúlea
páramos  

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer