Novembro 2015

 

 

VENDIMA

 

 

 

 

A Manuel Salgueiro Castro

Ó vello, estás deitado
e no recanto do cuarto
arde o caxato impregnado
coa suor de tantos anos.
Lastrado o camiño da vida,
soña o mar a auga doce
do amor que teu corpo sorbía.
Soñas nos altos penedos
do corazón
o naufraxio das horas
o galope incesante nas ondas
da túa constelación.
Cabalgas no circo do ocaso,
e para todos saúdas na area domada.
Saltas no trapecio imposíbel
e voas
co billete obliterado
da última función.
Labrador dos teus días,
chega a túa vendima.
Mentres cae na negra tinalla
o alquímico sangue
da túa familia.

Alfredo Ferreiro, Versos fatídicos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer