Marzo 2014

Peaxes

de

Santiago Lopo
   

Peaxes
 

    Novela curta de doada e agradable lectura onde se mestura realidade e ficción en clave de humor e ironía. Un cobrador da peaxe nunha autoestrada vai reconstruíndo a vida dalgúns dos automobilistas habituais da súa peaxe e dos que máis chaman a súa atención aos que nomea segundo o coche que empregan:  Gran Cherooke, Clio, Ibiza, Matiz…  Interesante reflexión sobre a soedade, o illamento, o desexo humano de comunicación cós demais e as ideas que nos facemos das persoas coas que nos atopamos a partir de datos como os que utiliza o novelista: a música que sintonizan, os obxectos que levan no vehículo ou os anacos de conversa que se perciben mentres os usuarios pagan a peaxe.

   

    "Clio! E eu chipando unha piruleta das que acabo de regalar.
    -Mira se as moedas van ben, non estou certa. Que, deixando de fumar?
    Faloume! Hei morrer dun infarto.
    -Non fumo, e ademais na cabina está prohibido. E ti?
    -Deixeino hai tres anos, os caramelos axudan, pero precisas vontade.
    -Esas gaitas que escoitas son galegas?
    -Non, é unha banda de gaitas bretoa. Encántame a música celta.
    -Xa o dicía eu. Sabías que...
    Pero quen carallo está a tocar a bucina?
    A cola impaciéntase -di ela-. Perdoa por entreterte. Chao.
    Non, Clio, non te vaias! Xa verás, listo, sei que fuches ti quen pitou, o terceiro da cola, o do catro por catro máis-grande-non-o-había, pois agora voute facer esperar ata que che saia verdello nos pneumáticos.
    -...♫ El chiringuito ♫... A ver, cobras ou que?
    -É que non me funciona a súa tarxeta...”

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer