Xaneiro 2014

 

A noite d´O Risón
de
Gonzalo Moure

Gonzalo Moure

 

Novela ambientada nunha vila da ría de Ribadeo. Terror nunha inesquecible noite de treboada similar ás que soportamos nestes días; uns mariñeiros en terra por mor do mal tempo e outras personaxes misteriosas contan, no bar O Risón,  historias sobre tormentas, naufraxios e mortos (dúas mostras: un mariñeiro decide amputarse un dedo para fuxir das voces de ultratumba, outro naufraga nun barco aos pés dun faro enchendo de ratas a costa... ) Unha mestura de lembranzas de mariñeiros e non mariñeiros chea de imaxinación e misterio.

 

"Non quedou nada dos libros de filosofías esotéricas de Elixio do Barbés, nin na sala do piso central nin no dormitorio. Nada. Devoraron todo o que atoparon polo camiño, deixando atrás delas un rastro de destrución furibunda. Eu visitei o faro e non conto o que vin xusto alí, ou o que lin no caderno que debeu de gardar na caixa de ferro xusto a tempo. Aquela turba rateira era coma un animal de dez mil fauces e unha única vontade.
    As ratas deron co camiño polas conducións, polas fallas da obra, por onde collese un dedo. Non teñen ósos, senón xelatina. Nada se lles resiste. As primeiras que apareceron na cámara da lanterna foron presa fácil para Elixio. Esmagábaas contra o chan co bicheiro, e aínda tivo momentos para esborranchar as últimas páxinas do seu diario. Toleou. Cando daba atoado un burato escribía tolerías, describía seguido o movemento da rata dentro da boca do contramestre, na ponte do Gipsy Glory, colixindo o que, de non suceder un milagre, sería o seu final.
    Pero o máis arrepiante...”  

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer