Xuño 2013

Enderezo descoñecido
de
 Kressmann Taylor
Breve novela epistolar publicada en 1938 nos Estados Unidos coa que a escritora quixo denunciar a situación dos xudeus na Alemaña nazi.
As cartas entre dous amigos, un xudeu norteamericano e un alemán que regresa ao seu país en 1932, transmítenos dun xeito claro e sinxelo como o nazismo se apropiou do poder e das conciencias de moitos alemáns, que se sumaron a el cunha naturalidade asombrosa: a xente ‘normal’ pode chegar a acomodarse a un réxime de terror, esquecendo os máis básicos principios éticos.
 
«Con Elsa na cama, ¿como ía tolerar que me rexistraran a casa  e arriscarme a que me detivesen por acoller a unha xudía e perder todo o que levo construído aquí? Por suposto, como alemán, tiña un deber claro. Ela mostrara sobre a escena o seu corpo xudeu ante os mozos alemáns puros. Debería collela e entregala inmdiatamente ás tropas de asalto. Iso non o puiden facer.
    Díxenlle: “Vanos destruír a todos nós, Griselle. Corre rápido á parte de atrás do parque.” Miroume e sorriu (sempre foi unha rapaza valente) e tomou unha determinación.
    “Nunca che faría mal, Martin", dixo, abalanzouse escaleiras abaixo e correu cara ás árbores. Pero debía estar esgotada. Non correu rápido abondo e os das tropas de asalto albiscárona. Eu metinme para dentro, impotente, e de alí a uns minutos os seus berros cesaron. Á mañá seguinte mandei levar o corpo á vila para enterralo. Foi estúpido pola súa parte vir a Alemaña. Pobriña Griselle. Eu comparto a túa pena pero, como ves, non a podía axudar».    
                
Novela recomendada por Fran Alonso:

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer