Skip to Content

Abril 2013

O gardián invisible
de
Dolores Redondo

      Un exitoso thriller que mestura a investigación dunha trama de crimes de carácter aparentemente sexual e que frisan a pederastia cun trasfondo lendario que semella procurar explicación para os feitos investigados nos basajauns, sorgiñas, lamias e belagiles,  personaxes míticos das terras navarras do Batzán.
    Novela narrada en terceira persoa, na que autora dosifica as puntuais incursións no pasado da inspectora da policía foral Amaia Salazar, en forma de breves flash-backs que nos debruzan no burato negro da violencia e a irracionalidade.
    O produtor Peter Nadermann (da saga Millennium) mercou os dereitos para adaptar ao cine esta primeira entrega da triloxía do Batzán

dolores redondo

gardián invisible      «Ainhoa Elizasu foi a segunda vítima do basajaun, malia que entón a prensa aínda non o chamaba así. Foi un pouco máis tarde, cando transcendeu que arredor dos cadáveres aparecían pelos de animal, restos de pel e rastros dubidosamente humanos, unidos a unha especie de fúnebre cerimonia de purificación. Unha forza maligna, telúrica e ancestral parecía marcar os corpos daquelas case nenas coa roupa resgada, o pelo da pube rasurado e as mans dispostas en actitude virxinal.
    Cando a avisaban de madrugada para acudir ao escenario dun crime, a inspectora Amaia Salazar sempre realizaba o mesmo ritual...»

 



page | by Dr. Radut