Skip to Content

Un verán de... cine!

Falamos de Identidade, falamos de transxénero

Grazas ao patrocinio da Concellería de Igualdade, este venres, 17 de xuño, teremos connosco a Nee Barros Fernández.
Coñecide  nas redes  como @neeumatiko, Nee  dirixe unha canle en youtube, escribe poesía, canta e fai música, e tamén se confesa un apaixonado da fotografía. Salientamos o labor de visibilización que fai da realidade das persoas trans e dos abusos que estas padecen por parte dun sistema que aplica o odio por defecto. Elu é tamén un defensor do binormativismo.
Na biblioteca temos a súa obra Identidade, un texto teatral que aborda o tema da transexualidade dunha forma moi persoal e cunha linguaxe que chega ao público máis novo. Dentro la literatura galega estamos diante dun dos textos pioneiros desta temática igual que as novelas Fóra do normal de María Reimóndez ou 22 segundos de Eva Mejuto.
Identidade propón que as persoas sexan sempre escoitadas e tratadas dende a súa diversidade. A través de Zé, o protagonista, tomamos conciencia do camiño que segue unha persoa que busca a súa propia identidade, dos apoios que atopa e tamén dos atrancos dunha sociedade marcada polos patróns do patriarcado e da transfobia e que ten medo ao diferente.
Accede a unha entrevista con elu premendo aquí
e podes visitar a súa canle de youtube aquí

Biblioxornal 67

Xuño 2022

O GAITEIRO

Anxos de Galicia
tocaban harmónicas negras.

Este home trae herba nos pés
e un regato de violís nas maus.
Polas súas coxas
ruben hedras de música.

Non petedes nas portas de noite
nin botedes a rolo as pombiñas,
que este home
trae tódolos paxaros na súa gaita.

Xa non se deitan nenos polos prados.
O gaiteiro fai fitas de millo
e na súa boca hai vento de oriolos.

A mesma chuvia, vertical citola,
non baixa desde Deus, rube da gaita.

Luz Pozo Garza (1922-2020)

Xuño 2022

Boulevard. La versión de Flor. Libro I

de Flor M. Salvador

      Primeiro título dunha serie que terá continuidade con Después de él, Antes de ella e Eterno.
    Luke  Howland inxeriu ao longo de gran parte da súa vida substancias  toxicas, vivindo baixo as sombras das súas lembranzas. Cando cre estar no límite da súa vida cos seus soños rotos, a moza  Hasley  Weigel aparece para renovar a súa fe nun futuro mellor e deixar atrás todos os pesadelos que o atormentan. Unidas as súas almas nun boulevard de emocións e soños, este tinguiuse de cores agrisadas preparándose para a tormenta. Luke xamais imaxinou que alguén podería amalo tendo aquel desastre de vida. Ela fíxoo, pero non da forma correcta.

Resoplé agotada cuando el profesor de Ciencias Sociales avisó que daba por finalizada la clase de hoy, dejé caer mi lapicero contra la mesa y guardé todo. El anillado de mi libreta se enredó con mi pulsera y puse los ojos en blanco para después tratar de arreglar el pequeño accidente. No tuve tanto éxito, ya que al instante de alejar mi mano me hice un rasguño en la piel.
Hoy estaba quejándome más de lo normal.
Salí del aula, me tocaba Literatura y después con la profesora Kearney. Lo bueno de las clases es que había un pequeño descanso de diez a quince minutos. Mi cuerpo se tropezaba con el de otros y oía cómo varios gruñían, traté de escabullirme de todo el bullicio y, cuando por fin dejé el pasillo principal, me dí cuenta de que alguien me había manchado con algo de kétchupe.
¡Oh, vamos!
Traté de quitar la mancha obteniendo como resultado una más grande.
En realidad, era imposible ser más torpe. Maldije mil veces al aire y empecé a caminar por la parte contraria del pasillo principal, en donde el campo daba a las instalaciones de los edificios de Química.
Mi vista viajó hasta el lado derecho de las gradas por simple curiosidad y confirmé lo que por un segundo pasó por mi mente. El chico del día anterior y el culpable de mi pelea con mi mejor amigo se encontraba ahí. Debía parar mi curiosidad, pero al parecer fue más fuerte que mi cordura porque, en lugar de dirigirme a la clase de Literatura y no darla por perdida, fui hasta donde él se encontraba.
Pensé en muchas excusas para cuando me preguntase por mi presencia, pero, aunque no me funcionaran, no me arrepentía ni un solo segundo de estar acercándome.
-¿No se supone que tú tendrías que estar en clase? -preguntó Luke con el entrecejo fruncido cuando me vio subir.
-Supones bien, pero no tenía ganas de entrar. -Me encogí de hombros.
Luke me miró como si lo que le había dicho fuera lo más extraño del mundo. Él sacó de su bolsillo una cajetilla y a continuación un cigarro para llevárselo a los labios y encenderlo. Se acomodó sobre una de las gradas y estiró sus piernas. El cielo estaba azul y el aire seguía siendo fresco a la temperatura en la que nos encontrábamos.
-Así que, Luke, ¿por qué te gusta fumar? -pregunté, sentándome a su lado, pronunciando su nombre con lentitud mientras lo miraba con cierta incertidumbre.
-¡Vaya! Ya sabes cuál es mi nombre -se rió y dio una calada...
-No me costó mucho trabajo -admití-. Ahora contesta mi pregunta. El me miró vacilante.
-Ya. No esperes que responda a todas tus preguntas, Weigel, pero fumo porque me gusta, me quita el estrés.
Sí, eso es lo que la mayoría de las personas que consumían tabaco solían contestar. Nada fuera de lo común. Nada diferente a lo esperado.
-Hay otras formas, ¿lo sabes? ¿Lo has intentado?
-Sí, y no quiero. -Ladeó la cabeza dándome a entender que eso sería lo último que saldría de su boca.
-Eres un completo irracional -repliqué.
El solo se encogió de hombros. Suspiré pesadamente.
No sería tan fácil averiguar más sobre él, no lo sería para nada. Lo observé por unos segundos, me gustaba cómo vestía. Traía una camisa de cuadros azules y debajo de ella una camiseta negra, la cual llamó mi atención: era un triángulo y en uno de sus lados salía como un arcoíris.
-¿Qué significa? -Mi dedo índice apuntó, él recorrió la dirección y enarcó una ceja de nuevo hacia mí.
-¿No lo sabes? -me preguntó incrédulo, y yo negué apretando mis labios-. Dios, ¿qué eres?
-¿Acaso eso es tan importante? -contraataqué.
-Eso tiene nombre y es una de las mejores bandas que pudo existir. Es Pink Floyd y la imagen es uno de sus álbumes- defendió.
-Recuerdo haber visto algo parecido en …
-¿En una tienda de discos?
-No.
-¿Y?
-Clase de Física- murmuré.
-¿Ley de Snell?
-Supongo. ¿Dispersión de la luz?
-Ya- asintió -. Pero mi camisa representa un álbum de ellos.
-Ellos. ¿Ya se separaron?
-¿Qué te pasa?- Él parpadeó un par de veces y me miró durante varios segundos-. No puedes hablarme en serio.
-Al menos puedes intentar decirme qué música tocan, tal vez podría escucharlos y … -No pude terminar porque él me interrumpió.
-No es Michael Bublé. -Luke torció los labios.
-¡Michael Bublé es bueno! -defendí, chillando con el entrecejo fruncido.
-Para temporadas navideñas- dijo vacilante. Yo abrí la boca, ofendida.
-Ahora estoy indignada- dije y miré hacia el frente. Mi mente pensaba rápido y lo volví a mirar confundida-. ¿Cómo sabes que me gusta?

Para ler máis preme aquí

 

 

Pasatempos FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Despois de ler o traballo do equipo da biblio e o que a web https://primaveradasletras.gal nos ofrece, seredes quen de realizar estes pasatempos?

Se conseguides a resposta a todos os enigmas, pasade pola biblioteca!!!!

Pasatempos FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN de Amalia Otero

Un alfabeto para Florencio

Preme nas distintas teclas para coñecer mellor ao autor das Letras 2022:

Corgomófilo en 20 diapositivas

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN de José María Lores Pérez

Florencio Delgado Gurriarán: de Córgomo a México

Maio: de Mais e de Maios

Comeza maio co Día das Mais, para elas "Nai" de Celso Emilio Ferreiro:


Eu non choro por ti, pois sei que mouras  
xunto á fonte do tempo, alá no fondo
de tódolos camiños das estrelas.

Choro por min, cun pranto inconsolábel,
que me quedéi sin ti, meu limpo espello,
coma un arbre na noite, soio e núo,
fendido polo cerne, coas raíces
sin os doces segredos das violedas.

Choro por min, por estas maus de cinza
que outrora foron pombas,
cando o meu corazón era un paxaro
e ti pasabas sempre atafegada
nun rumor de formiga labourando.

Tecían as albercas seus abrentes
i eu era un vagalume, unha estreliña
ateigada de luz polas vereas.
Dios estaba con nós.

Agora estóu soliño,
orfo de beixos tépedos sin mácula.
Choro por min que xa non teño colo
para pousarme nil coma nun niño,
miña nai imposíbel, viva e morta
no cristal dos meus ollos.

(ilustración: Maternidade, María Antonia Dans, 1980)

Maio tamén é tempo dos maios: Aí vén o Maio (de Florencio Delgado Gurriarán):

Aí vén o Maio pola porta do xardín,
aí vén o Maio de enterrar o pai Abril,

(O Maio, garrido, casiño de chorar,
enxoitou o seu pranto cos panos de luar.)

                                       Aí vén o Maio pola porta da campía,
                                           aí vén o Maio, galán da cotovía,
(O Maio, garrido tiña un cambai brunedo,
o sol esfarrapoullo cos seus dourados dedos).

Aí vén o Maio pola porta da devesa,
aí vén o Maio cos seus brincos de cireixas,
(O Maio garrido anda a bebe-los ventos
pola terra, rapaza de doces arrecendos).

Aí vén o Maio pola porta do soutelo,
aí vén o Maio co seu colete amarelo.
(O Maio garrido, nos intres de vagar,
co mestre rouxinol adeprende a cantar).

Aí vén o Maio pola porta do valado,
aí vén o Maio co seu traxiño branco.
(O Maio garrido, para saudar o vran,
pon luvas de etiqueta con frores de San Xoán).

Aí vén o Maio. Ábrelle as portas, moza,
que trai, por gorentarte, caraveles e rosas!

    Alí vén o Maio,
    Maíño, Maiolo;
    na verde camisa
    botois de amerodos;
    monteira frorida,
    a roupa das festas;
    e un caraveliño
    por riba da orella;
    pieites de silveiras
    piéitanlle o cabelo,
    anda a namorare
    coma un mozo cedo.

DELGADO GURRIARÁN, Florencio, Obra poética, (edición e introdución de Xosé Ramón Pena), Xerais, Vigo, 2022, pp.  132-3)



by Dr. Radut