Skip to Content

11 de novembro: ás librarías chegoulles o seu día!

Non esquezas visitar unha libraría na celebración do seu día!

E para esta festa uns versos da uruguaia Lilián Toledo:

Unha existencia entre papeis/andeis/ e couza:
nomes recoñecidos/atopados/prometidos
cores e volumes/promesas/certezas e fantasías.
Sen a paisaxe prometedora das librerías
nin os poemas/nin os desexos/nin o futuro
terían camiño de ida.
Detrás da súa couza/dos seus andeis/papeis
a palabra/suxestión/ cansa e encantada
do/a libreiro/a
achegando unha oportunidade con forma de sorriso
para preguntarnos unha nova vez/que será a vida?
e empuxarnos a buscar curiosos/as no ventre fecundo
da súa tobeira/librería.

Feliz Día das Librarías!

 

Lendo non temos "Nada que perder"

Onte, 8 de novembro, sacámonos de enriba unha espiña: tras varios anos in mente convertemos in re, fixemos realidade o Pedra do Acordo de adultos.

Ao redor de Nada que perder (a última novela de Susana Fortes) dez adultos, pertencentes ao profesorado e ao persoal de administración e servizos, falamos de Blanca Suances e de Lois Lobo “un adolescente con acné que practicaba piragüísmo en el equipo del instituto San Paio” que “andaba polas tascas del casco viejo con los libros bajo el brazo” colgando ás aulas acompañado dunha “jovencita de pelo largo”, indo da man “por las calles empinadas de piedra con balcones de hierro forjado y galerías acristaladas, en las que siempre había alguna mujer cosiendo que los miraba por encima de las gafas cuando se daban un arrumaco” e que unha noite improvisaba “un fado con la guitarra en la plaza de la Estrella, frente al Miño”. Na nosa posta en común a partir da novela non faltaron referencias aos “nenos de Trasaguas”,  aos mecanismos selectivos da memoria, aos tópicos da Galicia rural e o carácter dos seus habitantes, ás supersticións e á mitoloxía, ás pegadas da Guerra Civil no Baixo Miño, ao contrabando e o narcotráfico, á queima de libros... O tempo pasaba e quedamos citados para o próximo 22 cando remataremos con Nada que perder e comezaremos con Golpes de Luz.

De certo, os adultos lendo e comentando as nosas lecturas non temos “Nada que perder”

Novembro 22

MARIPOSA EN CENIZAS

Hoy te escribo, Señor, y te pregunto
por la escondida luna de mi muerte;
por sus manos de hielos afilados
como agujas que cosen telarañas;
por esa muerte mía, sólo mía,
que aún no está madura por tus campos.

Tú, Dios, para matarme,
para volverme a
Ti y a la sombría
cuna de donde vine, has de abrasar mis alas
y desatarme en nube pálida de ceniza
y aplastarme en la luz última de una tarde.

Y yo he de bailar,
con mi vestido gris de polvo y niebla,
frente al cielo amarillo y el sol frío,
sobre tus rosas y arrayanes muertos,
arrastrando mis alas desgarradas
igual que un breve cisne de las flores.

Y te pondré en la mano
dos lágrimas de luz y sal, como un pequeño
quejido por mis alas ardidas ya y cenizas
desde que me las diste un octubre lejano.

Cuando tuvo mi nombre un lugar en el aire
y me llamaron «Julia» para hacerme más sitio.

Julia Uceda  (Sevilla, 1925),  
in Mariposa en cenizas  (1959)
https://www.juntadeandalucia.es/export/drupaljda/2017.antologia.julia_.uceda_.pdf, páx. 26

Novembro 22

Trece avisos. Contos para ler pola noite

de   Paula Carballeira

    Que é o medo? O medo é a reacción que se produce ante un perigo inminente, é unha emoción corrente que nos afecta a todos os seres humanos. Do medo sabe moito Paula Carballeira. Ela comezou a contar historias de medo para intentar explicar o que non coñecía xa que aí se agochaban os seus arrepíos infantís.
    A autora crea e recrea o medo a través de 13 avisos dos agochos do medo que ben poden estar en golpes na parede, en pasos no faiado, portas pechadas, bonecas, prantos de bebé, manciñas frías...
    Cada capítulo do libro divídese en tres partes: un microrrelato escrito por alumnado, un conto de Paula e a explicación ou "aviso" daquel elemento que se vai tratar.
    
    Vivo a poucos pasos de onde nace a néboa.
   Sobe desde o río, envolve a casa e tarda en esvaecerse. Debe ser esa a razón de que o medo ande sempre ao meu redor, tamén polo día. Vexo e non vexo os contornos das cousas, da xente que se cruza comigo polos camiños, e ben poderían ser pantasmas que desaparecen de súpeto, á volta dunha curva. De feito, gústame pensar que aínda existen misterios que non podemos explicar, só imaxinar.
    Cando era pequena, discutía coa miña nai porque eu nunca quería ir para a cama nin apagar a lámpada da mesa de noite. Ela non sabía que viñan visitarme monstros, vampiros, lobos, ánimas en pena na forma de espíritos choróns que se anunciaban cun aire xélido. Eu mantiña os ollos abertos e intentaba pensar noutra cousa, pero escoitaba pasos lixeiros que se achegaban, respiracións e ouveos apagados do outro lado da xanela. Coido que por iso comecei a ler contos de terror e a escribilos. Polo menos podía poñerlles nome a eses medos, pechalos nas palabras e descubrir ou inventar maneiras de desfacerme deles.
    Todas as persoas temos medo. Ás veces temos os mesmos medos e ás veces temos medos diferentes. Cando a luz fai recuar as sombras, parécenos que non hai nada que temer, ata que volve caer a noite. Na escuridade, asáltanos a sensación de que asexan criaturas terribles coa malévola intención de facernos dano. Un susto déixanos sen respiración durante uns intres, e sen mobilidade, e sen posiblilidade de reacción, coma bonecos ou boncecas nas mans do descoñecido. Sentímonos tan fráxiles, tan insignificantes. Queremos que veña alguén de confianza para dicirnos que non pasa nada, para abrazarnos se fai falta.
    Podes ler os contos que están neste libro un por un, ou podes ler varios, mesmo todos, pero despois vai ser difícil atopar o sono, ou iso espero. Os contos de medo intentan espertarnos, manternos alerta, chamar a nosa atención sobre o que aínda non coñecemos.
    Din que hai avisos que anuncian que algo extraordinario está a piques de acontecer. A miúdo non nos decatamos, agás por uns incómodos arrepíos que sentimos nas costas, unha molesta sensación de que alguén nos observa. 
(...)   

DENTES AFIADOS, OLLOS AMARELOS
Una rapaza volve soa á súa casa.
    Soa.
    Despois da medianoite.
   Foi cear coas súas amigas de instituto. Agora que está na universidade case non as ve.
    É a única que non vive nese barrio.
  Está nunha rúa que non coñece, unha rúa que desemboca nun aparcadoiro.
    Escoita uns pasos detrás dela.
    Moitos pasos.
    A rapaza ve reflectido nos vidros dun coche o grupo que a persegue.
    Mozos e mozas coma ela.
    Coma ela, non.
    Sorrín, e entre os seus labios asoman uns dentes afiados. Dentes de can. Dentes de lobo (...)

177 outonos máis

O instituto de Tui foi creado, ao tempo que os de Santiago, Ourense e Pontevedra, por Real Orde de 30 de outubro de 1845, baixo a éxida do coñecido como Plan Pidal.

Cumprimos 177 anos e aproveitamos esta efeméride para publicar o documento fundacional:

Ministerio de la Gobernación de la Península
Sección de Instrucción Pública
Negociado nº 2

    Accediendo S. M. a las Instancias del Ayuntamiento de Tuy apoyadas por V. S. ha tenido a bien aprobar la creación en dicha Ciudad de un Instituto de 2ª enseñanza de 3ª clase, con arreglo a las bases siguientes:
    1ª Las Cátedras de latinidad y filosofía sostenidas actualmente por el Ayuntamiento de Tuy, formarán parte del referido Instituto.
    2ª Este se sostendrá: 1º con los derechos de matrículas y pruebas de curso de los alumnos que a él concurran; 2º con las consignaciones que satisface el Ayuntamiento para sostener las cátedras actuales de latinidad y filosofía; 3º con el señalamiento en el presupuesto municipal de la cantidad necesaria para cubrir el déficit que resulte en las atenciones del Instituto de tercera clase.
    3ª Se formará una Junta Inspectora de dicho Instituto, compuesta del Diputado provincial correspondiente al partido de dicha Ciudad, un individuo de su Ayuntamiento y dos vecinos de Tuy de notoria ilustración y arraigo elegidos por el Jefe político. Esta autoridad será el Presidente de la Junta y por delegación suya el Alcalde de la misma Ciudad.

    4ª La referida Junta procederá inmediatamente a la creación e instalación del Instituto; confiará a uno de sus individuos el cargo de Director del establecimiento, hasta que por el Gobierno se nombre de entre los Profesores el que deba serlo; y procederá al nombramiento de los sustitutos que fueren necesarios para dar principio a la enseñanza, hasta que sean nombrados los catedráticos en la forma conveniente.
    5ª La misma Junta cuidará de que el orden y distribución de asignaturas y cursos sea conforme a lo dispuesto en el Real Decreto del 17 de Septiembre último y Reales órdenes posteriores, guardando en cuanto al régimen literario y económico las disposiciones vigentes, o las que en lo sucesivo se dictaren.
    6ª Los cursos de este Instituto comenzarán el día 1º de Diciembre próximo,  y concluirán en 15 de Julio del año siguiente.
    7ª Publicará dicha Junta la apertura de matrículas, procurando previamente que la enseñanza no carezcan de lo más preciso para que sean útiles a la juventud.
    8ª La referida Junta remitirá a este Ministerio por conducto de V. S., nota de los individuos que la componen; sustitutos que la misma nombre con expresión de sus respectivas circunstancias; y consultará por el mismo conducto cualquier duda que suscitare la organización del Instituto para la superior resolución de S. M.
    9ª Las anteriores disposiciones se entederán como interinas hasta que se determinen las reglas que deberán observarse para la continuación o creación de Institutos locales de igual o semejante naturaleza que el de Tuy; y sin perjuicio de lo dispuesto por S. M.  para la creación del Instituto provincial de Pontevedra.
    De Real orden lo comunico a V. S. para su inteligencia y efectos consiguientes.
    Dios guarde a V. S. muchos años. Madrid 30 de Octubre de 1845 – Pidal- Sr. Jefe político de Pontevedra – Es copia-

Longa vida para o Ensino Medio en Tui!

Brindemos por 177 outonos máis!

De regueifas, medos e mortes

Onte, mércores 26,  tivemos un moi interesante e divertido obradoiro de regueifas

     

e mañá, venres 28, comezamos as contadas da edición deste ano do Concurso de Samaín, contadas que se prolongarán ata a segunda semana de novembro.  


Na nosa tétrica biblioteca xa está todo disposto para enfrontar calquera medo e para non esquecerer que, lectores ou escritores, regueifeiros ou vulgares prosistas,  Johanas ou Aurelios... todos estamos chamados á morte, xa o di a locución latina: memento mori.

   

Benvid@s ao noso Samaín!

Tempo de Samaín, Tempo de Defuntos!

Busca o que escribiron sobre a morte e o medo:

Unha narrativa feminina de premio!

       A novela As malas mulleres acaba de obter o Premio Nacional de Narrativa 2022.
    Marilar Aleixandre, a súa autora, convértese así na quinta muller en obtelo. Esta obra xa fora galardoada no ano 2020 co premio Blanco Amor.

    Aproveitamos a ocasión para rescatar o artigo que o crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 18 de xuño de 2021, na sección “Ex umbra in solem”:

   “Imaxina Marilar Aleixandre, nesta novela galardoada co Premio Blanco Amor, vidas e actitudes -resilientes tantas veces- dun pasado que, ata agora, non constituíu un marco temporal que se abordase en ningunha novela contemporánea. Tal é o dese período que cadra coa data de publicación do fundacional Cantares gallegos e non casualmente pois poemas dese libro, mesmo a presenza rosaliana evocada nalgún faladoiro, percorren algunha pasaxe clave deste libro.

     Velaquí un territorio que acolle ficción, naturalmente, mais tamén deseña unha época na que se visibiliza o labor de figuras máis coñecidas como Juan de Vega, Concepción Arenal ou a propia Pepa a Loba, contempladas en momentos claves da súas biografías, e as vidas desas mulleres encarceradas na prisión da Galera coruñesa entre as que salienta unha delas, Sisca, na que se pon o foco tanto para simbolizar a desgraza persoal que sofre inducida polo infortunio e a atmosfera social como para representar con ela un posicionamento ético e vital que, en tantas ocasións, se sostén grazas á memoria e ao amor.

    Construída con atinadas doses epistolográficas e alicerzada nunha exemplar e plástica reconstrución de atmosferas, non rexeita asomarse ás polémicas ideolóxicas do tempo a carón, ás veces, de incorporar un diálogo coral con textos literarios galegos da época que entendo como un dos seus grandes valores. Todo se tece, talvez, desde unha perspectiva panóptica -non é difícil tampouco ver nestas páxinas o gromo dun guión cinematográfico espléndido- tan acaída a unha proposta na que se fala da vida dunha prisión, desas “malas mulleres” en terminoloxía da época, sometidas á incomprensión, aos xustillos sociais aínda hoxe tan presentes, á infamia e ao trato inhumano, ás dificultades da vida cotiá naquel contexto e fóra del. Reclusas mergulladas nuns muros case infranqueables de silencio e esquecemento onde a sororidade, a aprendizaxe dun oficio e a importancia da lectura -memorables as páxinas nas que Sisca aprende a ler- se converten na forza motriz e na esperanza de tantas vidas. Probablemente unha das novelas máis salientables deste ano”.

https://cadernodacritica.wordpress.com/2021/06/19/as-malas-mulleres-de-marilar-aleixandre/

Se premes aquí tamén podes ler a recensión que da novela fai o crítico Xosé M. Eyré.

Mais... mellor ler a propia obra...  a que agardas? Está ao teu dispor no catálogo da nosa biblioteca!

A Biblio cóidate!: lema para esta edición do Día das Bibliotecas

BibliocoidaTE

O lema deste ano para o Día das Bibliotecas  “BibliocoidaTE”, destaca o papel das bibliotecas  como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos,  se preocupan por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen.

Son moitas as vías coas que as bibliotecas atenden e coidan aos cidadáns. A promoción da lectura é a primeira delas: as bibliotecas son espazos para a lectura. Unha lectura que acompaña, que entretén e que enriquece. Unha lectura que cura: a lectura ten un impacto directo tanto no desenvolvemento e mantemento das capacidades cognitivas como no benestar e a saúde mental.

As bibliotecas son un apoio no coidado de todas as persoas, por iso fixeron súa a idea da Axenda 2030 de non deixar a ninguén atrás. Para coidar ás persoas, desde as bibliotecas prográmanse actividades especiais de apoio á comunidade, creación colectiva, acción cultural, servizos a colectivos especiais, atención á diversidade ou acollida a refuxiados, entre moitas outras.

As bibliotecas tamén ofertan coidados en espazos como hospitais ou cadeas. As actividades de biblioterapia axudan a mellorar a saúde das persoas que participan nelas.

No medio rural, os bibliobuses achegan a cultura aos seus habitantes e as bibliotecas son un núcleo a partir do que as comunidades rurais se  fortalecen e crean arraigamento, coidando por tanto esas poboacións.

Ademais, as bibliotecas coidan tanto o acceso á información como a súa veracidade, desempeñando un papel fronte aos bulos e a desinformación. Por iso son un apoio necesario para a formación, a aprendizaxe e a investigación. Tamén son unha axuda imprescindible para profesores, estudantes e investigadores, asistindo á comunidade educativa e contribuíndo ao fomento da investigación científica.

Por último, as bibliotecas coidan e protexen o noso patrimonio documental para que poidamos legalo ás xeracións futuras.

(da presentación oficial deste Día: https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/bibliotecas/mc/dia-bibliotecas-2022/presentacion.html)

Escribir a biblioteca

Preme nas lupas e atoparás textos sobre bibliotecas:



by Dr. Radut