Xaneiro 2016

Febreiro 2016

Romaría de historias
de
Xosé Neira Vilas


     Obra póstuma; novela “feita de retrincos”, como a define o propio autor no limiar, que enfía breves narracións con distintos protagonistas (nenos, mozos, vellos, meigas, tolos, emigrantes, fuxidos, eivados, aparecidos, animais...) e moitos temas recorrentes na obra de Neira: a relixiosidade, a lingua, a morte, o suicidio, a desigualdade e, sobre todo, a pobreza e  soidade. Unha visión coral do noso mundo aldeán cada vez máis descoñecido, afastada do costumismo e fornecida de mitos, realismo, humor e retranca. Historias dun tempo pasado mais tamén con referencias de plena actualidade, velaquí un exemplo de cada:

    -A Constitución di que cada cidadán ten dereito a unha vivenda, pero...
    - É un principio xusto, máis na realidade non sempre se dá.
    -Pois non. Subscríbense hipotecas cos bancos e, se o que comprou a casa non pode pagar, bótano dela. Resulta moi triste ver unha velliña ou un neno sentados na porta, nunha vella maleta, mentres rematan os trámites de expulsión ou desafiuzamento.


    O lugar non chegaba a vila, pero tampouco era totalmente aldea. Pasaba unha estrada, había dúas tabernas e unha tenda con algo de todo. Fora casar alí un mozo chegado da cidade. Era farmacéutico e instalou unha botica. Era algo enfermeiro. Vendía pouco. Cóntase que cando había unha romaría, ou unha foliada calquera, alá ía pola noite,  e onde había moita xente amoreada, bailando ou non, con disimulo sacaba do peto unha navalla de afeitar e ía cortando nádegas de home. Pouco a pouco ían chegando á botica os feridos para que os curase. Cobráballes, naturalmente.

   
   

Febreiro 2016

QUIÉN ERES TÚ

“¿Quién eres tú
que entre nocturnas sombras,
sorprendes de este modo mis secretos?”
(William Shakespeare)


Habitante de mis sueños,
diapasón de mis latidos,
ladrón de besos.

¿Quién eres?

Navegante en mis venas,
socavador de voluntades,
minero de mis huesos.

¿Quién, quién eres?

Panadero de deseos,
relojero de misterios,
profesor de escalofríos,
alpinista en mis piernas.

Que me escribes y me lees
como si obra tuya fuese,
que me ahogas,
que me engulles,
que traspasas mis defensas
de ciudad sitiada
con aplomo de quien sabe
que me tiene.

Elvira Laruelo de la Roz

Visita, se queres, o blog desta poeta

Xaneiro 2016

Outro ano en arrandeo, e detrás nosa,
os nosos pasos de onte xa sin voz.
E os nosos xeitos, xa con non sei qué
de doce señardá de cousas orfas.

Todo o que fomos ten xa unha alma antiga
con trinta anos de mármore e alcipreste,
con dozura de herbiña silenciosa
e terra bendecida e oco escuro.

Aquel verso primeiro, aquel amor
que eu tiven non sei cando, mais amargue
e pequeniño que un agruño verde,
e aquel camiño longo que perdín.

E aquel medo na noite malferida
toda esgarrapizada pol-as beiras.
E aquela soledá, ¡qué ledas cousas,
ora que son almiñas do outro mundo!

¡Qué ledas cousas ora cara ó escuro,
cando imos a subir á carriola!
¡Qué ledas cousas, ¡qué recimo ledo,
doce de intres amargues coma agruños!

       

Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961)

Xaneiro 2016

La guerra de los botones
de
Louis Pergaud
Novela que retrata a vida infantil do autor, nunha época na que os nenos vagaban libres polos camiños fuxindo dos castigos do mestre e da vara do  pai, planeando tácticas bélicas de gran crueldade  para enfrontarse aos nenos do pobo veciño, os seus inimigos. O libro debe o seu título ao feito de que cando un neno cae en mans do bando inimigo, este humilla ao vencido desposuíndoo de botóns, corchetes, ollais, cordóns. Todo un dispendio de violencia física, linguaxe vulgar e expresións ás veces bastas visto coa tenrura dun narrador nostálxico e irónico que continuamente interfire na historia (presunta autobiografía). Tamén se enxalzan valores como a amizade e o compañeirismo entre os protagonistas que permanecen unidos  e comparten o pouco que teñen.

 

- Pero... ¡Rediós!  ¡So cerdo! ¡So marrano!  ¡So golfo!¡so gandul! -gruñía el padre a cada nuevo hallazgo-. ¡Ni un  botón en el jersey, ni en la camisa, alfileres en la bragueta, un imperdible para sujetar el pantalón, cuerdas en los zapatos! Pero, ¿de dónde vienes así, pedazo de canalla? -rugió Pacho padre, dudando de que él, un ciudadano sensato y respetable, hubiera podido procrear semejante granuja, mientras la madre se lamentaba del continuo trabajo que aquel tunante, aquel pillo, aquel cerdo de hijo le daba todos los días. ¿Y te piensas que esto va a seguir así? -continuó el padre-. ¿Que me voy a gastar los cuartos pa alimentar y educar a un mamarracho como tú, que no da ni golpe ni en casa ni en la escuela ni en ningún sitio pues esta misma tarde he hablado con el maestro?
- ¡...!
- Por lo pronto, hoy te quedas sin cenar. ¡Contesta,rediós! ¿Dónde te has puesto así?
- ¡...!
- ¡Conque no quieres confesar nada, ¿eh,golfo? Pues muy bien. Espera un poco, rediós, y ya verás si te hago hablar o  no. ¡Vas a ver ahora!
Y cogiendo una vara de avellano flexible y recia del haz de leña que había junto a la chimenea, y arrancándole la camisa y bajándole los calzones, el padre de Pacho propinó a su descendiente, que se revolvía, se retorcía, rabiaba, protestaba y chillaba, chillaba hasta hacer retemblar los cristales, una de esas palizas que marcan un hito en la historia de cualquier rapaz.
(...)

 

Tamén tes a película:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer