Outubro 2015

Novembro 2015

 

 

VENDIMA

 

 

 

 

A Manuel Salgueiro Castro

Ó vello, estás deitado
e no recanto do cuarto
arde o caxato impregnado
coa suor de tantos anos.
Lastrado o camiño da vida,
soña o mar a auga doce
do amor que teu corpo sorbía.
Soñas nos altos penedos
do corazón
o naufraxio das horas
o galope incesante nas ondas
da túa constelación.
Cabalgas no circo do ocaso,
e para todos saúdas na area domada.
Saltas no trapecio imposíbel
e voas
co billete obliterado
da última función.
Labrador dos teus días,
chega a túa vendima.
Mentres cae na negra tinalla
o alquímico sangue
da túa familia.

Alfredo Ferreiro, Versos fatídicos

Novembro 2015

 

 

El  extraño

de
Jordi Sierra i Fabra

 

A novela relata o que sucede no fogar do pequeno Daniel cando acollen a un hóspede para paliar a penuria económica na que viven. A nai do neno traballa esporadicamente onde atopa, o pai está no cárcere por defender os seus ideais de liberdade, xustiza, honradez...
Estamos diante dunha narración en primeira persoa desde unha perspectiva adulta. A primeira parte do libro preséntanos un neno, inocente, enxeñoso, fantasioso... que cre ver fenómenos extraterrestres nun ser normal de carne e óso... Todo un canto á liberdade, á democracia, á xustiza, e aos bos e xenerosos que poñen a súa intelixencia ao servizo dos demais na busca dunha sociedade máis xusta e solidaria.

Desde el encarcelamiento de papá todo había sido... extraño, por decir una palabra abstracta y en la que cupiese todo. En casa la tristeza constante de mamá, la falta de dinero, la sensación de que la vida se había estancado. Y en la calle todo aquel miedo heredado del fin de la guerra, el silencio, las miradas huidizas de las personas, el vacío que lo envolvía todo igual que un invisible manto.
Aquí y allá flotaba una enorme carga de dolor.
Hasta yo podía darme cuenta.
Cuando les comenté el tema a Leo y a Susi, mis amigos, valoraron críticamente la nueva situación que se me presentaba. No era raro que discrepáramos, así que sus comentarios no tuvieron desperdicio.
—Los realquilados suelen ser horribles —dijo Leo en plan fúnebre.
—¡Qué bien, así tu madre estará ocupada en algo!
—suspiró Susi muy positiva.
Me encaré con Leo...

 Podes ler as primeiras páxinas da novela aquí.

 Tamén podes visitar a páxina oficial do autor: http://sierraifabra.com/?lang=es.

Contos de medo no museo

Unha proposta lectora que engadir as nosas escolmas dos últimos anos.

Outubro: mes do outono e das bibliotecas escolares; 24 de outubro: día das Bibliotecas

Como xa ven sendo habitual desde o ano 1997, cada 24 de outubro a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil celebra o Día da Biblioteca. No presente ano Diego Arboleda é o autor do pregón mentres a ilustración do cartel é obra de Leticia Ruizfernández. Cómpre lembrar que tanto a obra do escritor como a da ilustradora foron recoñecidas con diversos galardóns.

  PREGÓN

    Con motivo do Día da Biblioteca, quero compartir convosco un segredo: o Coello Branco case sempre ten présa.

    Quizais algúns pensedes que isto non ten moito que ver coas bibliotecas e que, ademais, como secreto, deixa bastante que desexar.

    Alicia no País das Marabillas publicouse hai 150 anos, e desde entón os lectores de todo o mundo souberon que o coello chega tarde, demasiado tarde, e por tanto ten présa.

    Recoñeceredes, iso si, que non é un coello calquera. Que saibamos, este é o único coello que usa chaleco e reloxo de peto, o que suscita unha incógnita: se ten reloxo, por que sempre chega tarde? Quen é culpable da tardanza? O coello ou o seu reloxo? Os expertos non se puxeron de acordo sobre este punto, que provocou graves discusións entre veterinarios e reloxeiros. E se se alude ao chaleco, é aínda peor. Só hai unha cousa máis perigosa que unha discusión entre un veterinario e un reloxeiro, e é unha discusión entre un veterinario, un reloxeiro e un xastre. É mencionar o asunto e desenfúndanse todo tipo de agullas (hipodérmicas, de coser e de reloxo).

    Así que mellor volvamos ao segredo. O Coello Branco case sempre ten présa. Corre porque ten medo de que a Duquesa e, sobre todo, a Raíña de Corazóns ordenen que lle corten a cabeza. Pero vós, que aínda conservades a vosa, concentrádevos nese case. É a clave, o segredo mellor gardado do País das Marabillas.

    Case sempre. Cando non ten présa o Coello Branco? Só cando visita un pequeno edificio escondido tras as árbores do bosque: a biblioteca.

    O coello tómase o seu tempo para esculcar entre os ateigados andeis. Ten un libro en mente pero, cando se achega a collelo, non pode evitar fixarse no tomo que o precede, e no de máis alá (e, como xa sabedes, nunha biblioteca, o libro de máis alá é ao mesmo tempo o libro de máis acá doutro libro que está ao seu lado...). Demasiadas opcións. Leva tempo elixir un libro. O coello sabe que se atopa no fogar da lectura, e a lectura é un pracer que se goza sen présa.

    Aínda que ninguén mencionase antes esta biblioteca secreta, non o dubidedes, hai unha nese estraño mundo que visitou Alicia. Non pode ser doutra forma. Pois a pesar de contar co Sombreireiro Tolo, o Gato de Cheshire e a Eiruga Azul, a pesar de todos os animais fantásticos e as extraordinarias cousas que alí suceden, todo iso non é suficiente para gañarse o nome que ese mundo ten. Un lugar nunca podería chamarse País das Marabillas se entre as súas marabillas non se contase unha biblioteca.

 

Unhas páxinas da Nobel de Literatura 2015 Svetlana Alexievich

Unha das obras máis coñecidas de Svetlana Alexievich, a Premio Nobel de Literatura 2015, 14ª muller en recibir un Nobel, é Voces de Chernóbil, sobre as consecuencias que tivo o terrible accidente da central nuclear sita nas fronteiras entre Bielorrusia e Ucraína.

A obra estrutúrase en  corenta monólogos que ofrecen toda unha lección de xornalismo, unha reflexión sobre a memoria e unha rendida admiración da tristeza. Un novo bombeiro que se despide da súa cónxuxe para dirixirse á central en chamas cun "virei pronto" e non pode cumprir a súa promesa, un vello que se cansa de esperar na zona cero do desastre onde ninguén regresa, un escritor que ve como á súa muller e a súa filla éncheselles o corpo de manchas negras (a pequena morrería máis tarde), un coro de aldeáns que se debate entre o horror e a necesidade de dar testemuño... Voces de Chernóbil está pensada coma se fose unha traxedia grega, con coros e uns heroes marcados por un destino fatal, cuxas voces foron silenciadas durante moitos anos na antiga URSS. Pero, a diferenza dunha traxedia grega, non houbo posibilidade de catarse.

 

«Alexievich describe de maneira moi elocuente a incompetencia, o heroísmo e a dor: mediante os monólogos dos seus entrevistados crea unha historia que o lector, por moi distante que estea dos acontecementos, será capaz de palpar.» (The Daily Telegraph)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer