Xuño 2015

Xuño 2015

La Ola
de
 Morton Rhue
    Novela baseada en feitos reais sucedidos nunha clase de historia nun instituto de Palo Alto, California.
    Cando Ben Ross explica nas súas clases o período do nazismo, os alumnos non poden entender o comportamento cego dos alemáns nin por que se deixaron manipular. Eles pensan que non terían permitido algo así, teríanse rebelado contra os déspotas. O mestre decide experimentar como se poden desenvolver comportamentos autoritarios, e probar que o que pasou en Alemaña pode repetirse en calquera tempo e lugar. Mais o experimento váiselle das mans e empeza a tomar dimensións perigosas. Ben Ross e os seus alumnos aprenderán unha lección que non esquecerán xamais. 

    

     Morton Rhue  é un escritor estadounidense con máis de 120 libros para adolescentes, algúns adaptados para a TV e o cine como Drive me Crazy (A moza do lado) ou Die Welle (La Ola). Gústanlle temas controvertidos como o nazismo, os sen teito, o bullying e a violencia nas aulas.

 

     Estaban estudiando la Segunda Guerra Mundial y la película que Ross había seleccionado para su clase era un documental que mostraba las atrocidades cometidas por los nazis en los campos de concentración. En la clase a oscuras, los chicos tenían los ojos puestos en la pantalla. Veían a hombres y mujeres escuálidos, tan muertos de hambre que ya no parecían más que esqueletos cubiertos de piel. Personas con unas piernas en las que lo más ancho eran las rodillas.
    Ben ya había visto esta película u otras parecidas media docena de veces, pero el espectáculo de una crueldad tan inhumana y despiadada por parte de los nazis todavía lo horrorizaba e indignaba. A medida que avanzaba la película, Ross se dirigía a la clase con emoción.
    -Lo que estáis viendo tuvo lugar en Alemania entre 1933 y 1945. Fue obra de un hombre llamado Adolf Hitler, que primero había sido criado, mozo de cuerda y pintor de brocha gorda, y que luego se dedicó a la política después de la Primera Guerra Mundial. Alemania había...  

   

Aquí o filme:

 

Xuño 2015

CONTO


Era Galicia un puro val ou oco
de densidade verde e fume morno.
Era Galicia a chaira máis espida,
inerte néboa sobre illó de lodo.

Era Galicia esguío vento agudo
encrequenando en si tódalas cousas.
Era Galicia un arbre lentamente
ensumíndose un pouco cada hora.

Era Galicia cen avós de terra
sen vengar, mudos ecos que nos moven.
Era Galicia un mar perfectamente
denso, sen luz e con sabor a homes.

Era Galicia a patria do traballo
de nunca terminar, pola boroa.
Era Galicia un home sen cabeza.
Era unha vez Galicia, espranza angosta.


                                               Xosé Luís Méndez Ferrín

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer