Febreiro 2015

Marzo 2015

A forma das nubes

de

 María López Sández


María López é profesora de Didáctica da Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, área de Didáctica da Lingua e da Literatura no Departamento de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

A forma das nubes foi galardoada co Premio Narrativa Breve de Repsol na súa sexta edición.

Cando ten trece anos, unha rapaza emprende unha viaxe que o vai cambiar todo e na que coñece unha actriz engaiolante e cativadora. Xa adulta, lembra aqueles momentos tinguidos de beleza e violencia. Os retallos do pasado, os fragmentos de lembranzas, deseñan un mosaico no que a protagonista procura unha forma, un sentido, coma quen contempla as nubes para recoñecer nelas figuras do mundo real.

Novela, narrada en primeira persoa, que pescuda na infancia como xeito de comprender o amor e fuxir do desamparo no que nos deita a vida. A fotografía, o cinema, a moda e a beleza configuran o pano de fondo desta narración de ritmo intenso e constante.

O lector axexa na interioridade da protagonista, nas súas vulnerabilidades, nas vivencias dunha vida que nace e nos sentimentos cando  a traxedia se instala no seu fogar.

 

Os adultos adoitan dicir que os nenos queren ser nenos para o que lles convén e adultos para o resto. Mais eu sentía exactamente que xa era demasiado grande para gozar dos privilexios de O., e demasiado nena para facer o que quería ou que se me tivese en conta. E tamén mamá nisto era contraditoria: ás veces abrazábame e aloumiñábame o pelo como facía con O. E noutras ocasións arredábame cando lle daba un bico. Así que, en xeral, eu andaba enfurruñada e prefería non falar demasiado. Pola súa banda, papá  intentaba ter unha conversa comigo, sabíao porque aparecía a deshoras nos recantos onde me agochaba e eu decatábame de que andaba a miña procura, mis facía todo o posíbel por eludir esa conversa. Iso era o que mais me asustaba: antes prefería sesión dobre de contos e monicreques con O. Ou mesmo unha lección de saber estar por parte da miña nai. Pero o caso é que eu tiña as miñas propias ocupacións e iso facía mais doado permanecer á marxe do resto. Abondábame con matinar onde podería atopar a ...

VIII Concurso San Valentín

A enerxía do AMOR... matemático!!!

  • Pódese reducir o Amor a unha fórmula física ou matemática?
  • O Amor: é de ciencias ou de letras?
  • Descubriches o x da túa ecuación amorosa?

Escribe un texto que de resposta a algunha destas preguntas aténdote as seguintes bases:

1. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de forma individual.


2. Os/As participantes deberán presentar os seus traballos (narracións, poemas, teatro, cartas...) escritos a ordenador ou con letra lexible, en calquera das linguas estudadas no centro.


3. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo. Nun sobre adxunto pechado, co propio pseudónimo no exterior,  incluiranse os datos do participante: apelidos, nome, curso e grupo.


4. A  súa extensión  non poderá exceder cinco DIN A4 (folios) por unha cara. Tipo e tamaño de letra: Times New Roman 12 ou similar. Espazamento entre liñas: 1,5.


5. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do xoves, 19 de febreiro  ao xoves 30  de abril de 2015, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro do prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca.


6. XURADO:  O xurado cualificador estará integrado por membros representantes do equipo directivo, dos Departamentos de Linguas  e do equipo de Biblioteca.


7. PREMIOS: haberá suculentos premios para os mellores traballos.


8.Os traballos premiados quedarán depositados no Instituto e publicaranse en formato impreso e/ou dixital.


9. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.

 

 Anímate e participa!

Febreiro 2015

Se a economía a levase
unha muller
con dúas fillas ao cargo
que vivise co salario mínimo interprofesional
alugueiro que pagar todos os meses
e unha mai con Alzheimer
a que coidar
non faltaría nin sobraría
un euro de ningún orzamento
e todos se investirían
nas cousas verdadeiramente importantes. 

      María Reimóndez (Lugo, 1975) in Moda galega reloaded,   Positivas, 2014,  páx. 30

Febreiro 2015

BAJO LA MISMA ESTRELLA

John Green

John Green nace en Indianápolis, Estados Unidos, o 24 de agosto de 1977. Licenciado en Lingua e Literatura Inglesa e en Teoloxía, tiña pensado continuar os seus estudos para ordenarse como pastor da Igrexa Episcopal, pero o seu traballo nun hospital para nenos con enfermidades terminais leváronlle a preferir converterse en escritor e narrar as súas experiencias. Traballou como asistente editorial, comentarista de libros e produtor dun programa de radio. Actualmente vive en Indianápolis coa súa esposa e dous fillos.
As súas obras posúen unha linguaxe directa, sinxela e clara. Están escritas usualmente en primeira persoa, na voz dos seus protagonistas principais. Baséanse en feitos da vida real e cotiá, moitas veces tristes e devastadores, pero reais á fin e ao cabo.
Ademais de escritor, John é un popular youtuber. Xunto co seu irmán Hank mantén a canle VlogBrothers, ademais doutros varios proxectos audiovisuais, todos os cales posúen unha considerable audiencia. Están considerados dentro do grupo de youtubers máis influentes
A adaptación cinematográfica da novela, protagonizada por Shailene Woodley e Ansel Elgort, estreouse en España en xullo de 2014.
Na biblioteca podes atopar tamén Una estrela que non se apaga e El teorema de Katherine.
  A Hazel e a Gus gustaríalles ter vidas máis correntes. Algúns dirían que non naceron con estrela, que o seu mundo é inxusto. Hazel e Gus son só adolescentes, pero se algo lles ensinou o cancro que ambos os dous padecen é que non hai tempo para lamentacións, porque, nos guste ou non, só existe o hoxe e o agora. Por iso, coa intención de facer realidade o maior desexo de Hazel - coñecer o seu escritor favorito -, cruzarán xuntos o Atlántico para vivir unha aventura contra o reloxo, tan catártica como desgarradora. Destino: Amsterdam, o lugar onde reside o enigmático e malhumorado escritor, a única persoa que talvez poida axudarlles a ordenar as pezas do enorme puzzle do que forman parte...

 

Hai varias maneiras de descubrir as expectativas de supervivencia de alguén sen necesidade de preguntarlle directamente, e eu recorrín á clásica.
-Vas ao instituto?
Os pais adoitan sacarte da escola en canto pensan que vas palmala.
- Si- contestoume-. Vou ao North Central, aínda que un ano atrasado. Estou en segundo de bacharelato. E ti?
Pensei en mentir. Á fin e ao cabo, a ninguén lle gustan os cadáveres. Pero ao final díxenlle a verdade.
-Non. Os meus pais sacáronme da escola hai tres anos.
-Tres anos? - preguntoume sorprendido.
Expliquei a Augustus os principais episodios do meu milagre: diagnosticáronme estadio IV de cancro de tiroide cando tiña trece anos. (Non lle dixen que mo diagnosticaron tres meses despois de que me viñese a regra por primeira vez, en plan "Felicidades! Xa es muller. Agora, morre") Dixéronnos que era incurable.
Pasei por unha operación chamada "disección radical de cuello", e que é tan agradábel como o seu nome. Despois por radiacións. A continuación probaron a quimio para os meus pulmóns. Os tumores diminuíron, pero logo volveron crecer.
Por entón tiña catorce anos. Empezáronseme a encher os pulmóns de líquido. Parecía un cadáver, coas mans e os pés inchados, a pel agretada e os labios sempre morados.
Hai un medicamento que fai que non che asuste tanto o feito de non poder respirar, e a través dunha cánula enchíanme as veas dese medicamento e dun montón máis. Aínda así, afogarse é bastante desagradable, especialmente cando sucede durante meses. Ao final rematei na UCI con pneumonía, e a miña nai axeonllouse xunto á miña cama e díxome:"¿Estás preparada, cariño?", eu contesteille que estaba preparada, e o meu pai non deixaba de repetirme que me quería, e non se lle entrecortaba demasiado a voz porque a tiña xa entrecortade de todo, e eu repetíalle que...

 

 Primeiro capítulo

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer