Febreiro 2014

Día da Lingua Materna 2014

Textos para a lectura e a reflexión

 

 

VII Concurso San Valentín

    No punto de mira do Amor amor universal

 

  • Estás no punto de mira do Amor ou do Desamor?
  • Onde están as dianas do teu Amor?
  • Es albo dos dardos dalgún Amor?

 

Escribe un texto que de resposta a algunha destas preguntas aténdote as seguintes bases:

1. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de forma individual.


2. Os/As participantes deberán presentar os seus traballos (narracións, poemas, teatro, cartas...) escritos a ordenador ou con letra lexible, en calquera das linguas estudadas no centro.


3. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo. Nun sobre adxunto pechado, co propio pseudónimo no exterior,  incluiranse os datos do participante: apelidos, nome, curso e grupo.


4. A  súa extensión  non poderá exceder cinco DIN A4 (folios) por unha cara. Tipo e tamaño de letra: Times New Roman 12 ou similar. Espazamento entre liñas: 1,5.


5. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do xoves, 13 de febreiro  ao mércores 30  de abril de 2014, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro do prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca.


6. XURADO:  O xurado cualificador estará integrado por membros representantes do equipo directivo, dos Departamentos de Linguas  e do equipo de Biblioteca.


7. PREMIOS: haberá suculentos premios para os mellores traballos.


8.Os traballos premiados quedarán depositados no Instituto e publicaranse en formato impreso e dixital.


9. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.


 Anímate e participa!

Febreiro 2014

La puerta trasera del paraíso

de

Luis Leante

     Un home perde a pista da súa muller e do seu pequeno fillo cando unha espectacular tormenta de area fai desaparecer a súa cidade. Fatma e o seu fillo por un lado e Brahim polo seu emprenden unha nova vida en Europa. A dor e a fatalidade marcan boa parte do seu camiño. Fatma morre sen reencontrarse con Brahim pero o seu fillo si o logrará. Aínda que o coidaron os seus pais adoptivos, Ana e Javier, o azar lévao a unha situación na que terá que enfrontarse á verdade das súas orixes: descobre que a súa nai morreu, pero localiza ao seu pai. Reúnese con el, e acompáñao ata o final dos seus días. Entón, decide volver visitar o lugar onde naceu.

   "El padre de Mario conducía el monovolumen tratando de no perder la paciencia. Las colas de automóviles se encogían y estiraban perezosas delante de todos los semáforos. Cuando se ponían en verde, tampoco el tráfico avanzaba apenas. Mario aprovechó que su padre no estaba pendiente de él para escribir los valores de la conjunción ut en su diccionario (...)
    - ¿Y qué tal lo llevas, hijo?
  - Mal, papá, mal -contestó el muchacho, nervioso  y malhumorado-. El Latín me queda seguro. Esto no hay quien lo entienda(...)
    El hombre sonrió satisfecho (...)
   De pronto, cuando el vehículo iba cogiendo por fín velocidad, una sombra salió entre los coches aparcados. Un frenazo brusco, el sonido de los neumáticos resbalando en el asfalto mojado y un golpe seco en el capó (...)
Iba encogido, arrebujado en una gabardina, y se tapaba la cabeza con una bolsa de plástico. Ni siquiera le había  dado tiempo a gritar (...)
    La víctima parecía extranjera..."

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer