Febreiro 2013

Marzo 2013

Caperucita Roja: ¿a quién tienes miedo?

caperucitade Sarah Blakley-Cartwright

                        Adéntrate na lenda. Coidado co lobo!   

      
Nunha época na que nas aldeas pequenas todo o mundo se coñece, Valerie busca abrirse camiño na vida. Cando é elixida polo lobishome, debe tomar unha decisión imposible pero non ten a quen acudir: o seu pai está borracho no pobo, a súa nai desexa controlala e as demais rapazas apresúranse a acusala de bruxería. Unha nova, perigosa e gótica versión do conto clásico que narra unha intriga romántica sobrenatural;  unha historia cun triángulo amoroso formado por Valerie (Caperucita) e os apostos Peter e Henrio, na que quizais resulte complicado un final feliz; unha novela que fala tamén dos lazos que unen a unha sociedade, do medo ao descoñecido e da forza e a presión do grupo. A reformulación do conto clásico entrelázanse cunha perspectiva fresca e xuvenil sobre o nacemento dun amor que resulta tan atraente como perigoso.



"Una gran sombra se cernió sobre ella. Era tan pequeña, y la bestia tan grande, que Valerie sintió como si la sombra de la figura que ante ella se erguía la hundiese con su peso aún más en el suelo. Sintió que un escalofrío le recorrió el cuerpo cuando su físico reaccionó a la amenaza. Se imaginó al Lobo desgarrando su piel con los ganchudos colmillos.
Hubo un rugido.autora
Valerie aguardó a sentir su salto, sentir el golpe de sus mandíbulas y el rasgar de unas garras, pero no sintió nada. Oyó un barullo y el  tintineo de las campanillas de Flora, y solo entonces se percató de que la silueta se había retirado. Desde su posición agazapada escuchó el rechinar de unos dientes y unos gruñidos, pero había algo más, otro sonido que no fue capaz de identificar. Mucho más adelante sabría que se trataba  del rugido de una oscura ira al ser liberada".

Se queres ler un pouco máis preme aquí

E tamén a película:

 

Marzo 2013

Velaí a muller


Mais ve que o meu corazón
é unha rosa de cen follas.

Rosalía

marica campo

Velaí a muller que baila soa
no cavorco da noite:
Verte entre os pés a rosa de cen follas
como unha chuvia maina desfollada
e ondas dun mar de cinsa
van e veñen nas praias da cintura.

Velaí a muller que canta soa
nos oídos do vento:
A gorxa ensanguentada e o alarido,
o salmo e o susurro e o salouco,
o eco e o silencio,
o tanxer dunha cítara sen cordas.

Velaí a a muller que vai ao porto
e chama polos barcos:
Veñen coa proa rota no horizonte,
chegan coa treboada nas enxarcias,
ela sempre vixía
e pon velas de soños polos mastros.

Velaí a muller que está parindo
un país coa palabra:
Nai en verbo de amor a encherlle a boca
que ten leite de seu para crialo,
terra ou Rosalía,
clara estirpe de nós cara ao futuro.

(Marica Campo, 1948)

VI Concurso San Valentín

Amor e Fronteirasfronteiras do amor


  • Como é o amor nas terras de fronteira?
  • Inflúen as fronteiras no amor e no desamor?
  • Onde están as fronteiras do amor?

 

Escribe un texto que de resposta a algunha destas preguntas aténdote as seguintes bases:

1. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de forma individual.
2. Os/As participantes deberán presentar os seus traballos (narracións, poemas, teatro, cartas...) escritos a ordenador ou con letra lexible, en calquera das linguas estudadas no centro.
3. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo. Nun sobre adxunto pechado, co propio pseudónimo no exterior,  incluiranse os datos do participante: apelidos, nome, curso e grupo.
4. A  súa extensión  non poderá exceder cinco DIN A4 (folios) polas dúas caras.
5. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do xoves, 14 de febreiro  ao venres 26  de abril de 2013, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro do prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca.
6. XURADO:  O xurado cualificador estará integrado por membros representantes do equipo directivo, dos Departamentos de Linguas  e do equipo de Biblioteca.
7. PREMIOS: haberá suculentos premios para os mellores traballos.
8.Os traballos premiados quedarán depositados no Instituto e publicaranse en formato impreso e dixital.
9. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.

 

Anímate e participa!

Lembrando a ROSALÍA

                                  

sello Rosalía

 

 

 

 

 

 

Lembrando a

Rosalía de Castro

IES "San Paio"

TUI (Pontevedra)

 


 

Con música a Rosalía!

Festexemos o Día de Rosalía, 176 aniversario do seu nacemento,

e celebremos os 150 anos da publicación dos seus Cantares gallegos

coa música e a recitación dalgúns poemas

 

Día da Lingua Materna 2013

Usemos todo o ano a nosa lingua e festexémola lendo neste día !

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer