Novembro 2012

HAI QUE PARALA! 25 de novembro: Xornada contra a Violencia de Xénero

Leamos contra a violencia de xénero,

unha lacra que temos que parar con urxencia.

 

 

Novembro 2012

Escenarios fantásticos
de
Joan Manuel Gisbert
“Aquí, en este paraje, desde 1896 hasta finales del siglo XX existió el bello edificio que este modelo repoduce a escala reducida. En los últimos años de su vida, cuando no era más que una antigua fábrica abandonada, fue el escenario fantástico de numerosas aventuras imaginarias. También la maqueta que acabáis de descubrir albergó, depués de demolido el edificio, muchísimas historias detectivescas creadas por la mente de un fabulador anónimo...”
   Escenarios fantásticos é unha recompilación de aventuras ambientadas en lugares moi singulares e cuns personaxes extravagantes e rechamantes.
    O mago Demetrius Iatopec quere inaugurar un Gran Teatro Mundial dos Espellismos e, máis tarde, o Parque de Atraccións do Arco da Vella.  O ilusionista Boaventura Mestres, inimigo seu,  tentará obstaculizar os proxectos de Demetrius.
    O mundo da maxia, a revolución dos avances tecnolóxicos e como estes afectan á nosa vida cotiá ou os relatos de ciencia- ficción son abordados nesta novela moi entretida que pola súa doada sintaxe e polo seu léxico fácil é unha axeitada lectura para os que se inician na literatura.

Novembro 2012

Quixera dicir tanto e non digo nada

Quixera expresar verbas doces

Andoriñas bulideiras que saíran da miña boca

E non digo nada...

Quixera soltar a mapoula

Que pechada sobrevive

Ao cru inverno

E non digo nada...

Quixera dicir tanto e acabo...

Acabo amando en silencio

Un silencio que cheira a morto

Un silencio sepulcral

Quixera dicirche tanto

Pero acabo...

Acabo calando...

                                     (Rosa Martínez Vilas, rosanegra, 1974-)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer