Skip to Content

Maio 2011

165 ANOS DE ENSINO SECUNDARIO EN TUI

Ao longo do vindeiro mes de xuño poderemos visitar a exposición

"165 anos de ensino secundario en Tui",

para complementar esa visita ofertamos (por se non tes o número 20 da revista do instituto Max Estrella) o seguinte artigo:

Maio 2011

Cruzada en “jeans”

de

Thea Beckman

    Novela de aventuras ambientada na Idade Media.
   Comezos do século XIII. Milleiros de nenos encamíñanse cara Terra Santa seguindo a un mozo que tivo unha visión. Viaxan, con múltiples dificultades, a pé desde Alemania ata as costas italianas. Fame,  sede,  enfermidades, hostigamento... van diminuindo os ánimos e o número dos nenos cruzados que queren loitar contra os sarracenos. Rudolf, un mozo do século XX, grazas ao túnel do tempo, chega ao escenario de tan patética expedición. Os coñecementos do século XX e o arroxo de Rudolf son de gran axuda para evitar perigos e dificultades. Rudolf, un cruzado en “jeans”, descobre abraiado un mundo novo, moi distinto do seu.

Maio 2011

Acróstico

Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise

sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
dosis letais de amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.

                                  (Lois Pereiro, 1958-1996)


by Dr. Radut