Decembro 2010

Aquelas pombas... non volverán!

Volverán as bulideiras pombas
no teu balcón os seus niños colgar,
e, outra vez, coa á nos seus cristais
xogando chamarán;
mais aquelas que o voo freaban           
a túa galeguidade e a nosa ledicia ao contemplar,
aquelas que celebraron o teu noventa e sete aniversario...   esas... non volverán!

 

 

Era o último venres de novembro cando emprendiches a viaxe cara a provincia da eternidade. Por iso as pombas que o pasado 7 de xaneiro festexaron o teu aniversario non volverán a viguesa praza de Compostela, onde vivías, para saudar os teus 98 anos.
Co teu pasamento os galegos perdemos a un dos nosos últimos patriarcas, a un indiscutible e indiscutido referente no compromiso coa nosa terra e a súa cultura. Que as bágoas derramadas pola túa ausencia fecunden a semente de galeguidade que nos deixas en herdanza para que agromen froitos vizosos nas próximas primaveras!
Varias veces, nas tenebrosas xornadas da longa noite de pedra, unha anónima voz telefónica lembrouche unha macabra mensaxe: sabe vostede que está vivindo con licenza do enterrador?. O desacougante aviso non foi quen para minguar o teu amor e o teu compromiso con Galicia. Grazas, don Paco!  

Agora que o sepultureiro xa fixo o seu traballo, cómpre que nós fagamos o noso: coñecer a túa traxectoria vital e a túa obra para poder seguir as túas pegadas.

saber o que outros persoeiros e moitos medios de comunicación dixeron de tí:

e quedarnos coa túa presenza e as túas verbas:

 

Na biblioteca atoparedes mostras das súas obras, por exemplo:

 

Don Paco, na vida e na morte, sempre galego bo e xeneroso!

 

 

 

 
O gaiteiro Carlos Núñez rende homenaxe musical a don Paco

 

A terceira Cervantes

matute xoven                     

A escritora de onte a hoxe

A finais do pasado novembro Ana María Matute resultou galardoada co premio Cervantes. Por terceira vez dende a súa institución o premio recoñece a tarefa dunha escritora: antes foron María Zambrano (1988) e a cubana Dulce Maria Loynaz (1992); dezaoito anos despois a escritora catalana e a primeira Cervantes do século XXI.  

 

Parabéns, escritora, con todo o noso cariño!                                                          dedicatoria

                                                      

 

 

 

Este é un bo momento, pois, para adentrarnos na súa biografía e, sobre todo, para reler ou ler a súa obra.
 
Accede, se queres, a súa páxina oficial ou ao que sobre a súa persoa e produción literaria recolle o xornal El País.
 

Decembro 2010

 DEL AÑO MALO


Diciembre es esta imagen
de la lluvia cayendo con rumor de tren,
con un olor difuso a carbonilla y campo.
Diciembre es un jardín, es una plaza
hundida en la ciudad,
al final de la noche,
y la visión en fuga de unos soportales.

Y los ojos inmensos
-tizones agrandados-
en la cara morena de una cría
temblando igual que un gorrión mojado.
En la mano sostiene unos zapatos rojos,
elegantes, flamantes como un pájaro exótico.

El cielo es negro y gris
y rosa en sus extremos,
la luz de las farolas un resto amarillento.
Bajo un golpe de lluvia, llorando, yo atravieso,
innoble, como un trapo, mojado hasta los cuernos.

 

 Jaime Gil de Biedma (1929-1990)
 gil de biedma

Decembro 2010

Camiño perigosoánxela loureiro

de

Ánxela Loureiro

Eu sempre fora unha nena inxenua e dócil, que me conformaba co que me tocaba para evitar problemas. Sempre preferín ignorar as situacións adversas aínda cando as podía intuír. Consideraba que a nosa vida era difícil pero como non eramos os que máis problemas tiñamos, daba grazas por todo; comiamos todos os días e viviamos relativamente felices. Claro que eu era pouco esixente coa miña felicidade, pois conformábame co mínimo e resignábame co que viña por temor a males maiores. Estabamos todos xuntos e arranxabámonos co que acadabamos dos nosos labores; a miña nai cosía moi ben e chamábana moitas veces á casa do alcalde para que lles fixese traxes e vestidos; o meu pai guiaba os peregrinos a Santiago dende que desembarcaban no porto, e logo traíaos de regreso; polo camiño, cantáballes e recitaba poesías, por iso lle chaman Xan o Poeta...


Acción, drama, amor e humor mesturados.

Alba ve en perigo a súa familia, non sabe de seus pais e ten que coidar dos seus irmán pequenos. Decide deixar os irmáns cunha veciña e meterse nunha serie de aventuras para dar cos seus proxenitores. Disfrázase de mozo, faise amigo dunha compañía de actores e xente de circo, escapa dos soldados ata que...

Na Biblioteca podes coñecer o que falta.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer