Novembro 2009

Tempo específico semanal de lectura nas aulas curso 2009-10

 

Comezamos na primeira semana de novembro aumentando o tempo a trinta minutos e mantendo a estrutura e filosofía do pasado curso.

De xeito progresivo e nos niveis superiores tentaremos ensaiar a lectura en voz baixa e de materiais aportados polos propios alumnos (que non poderán ser as lecturas que con carácter obrigatorio programan os distintos departamentos didácticos)

As lecturas coas que arrancamos (en voz alta e comúns) serán:

 

  • 1º ESO A, C, E: La máquina maravillosa de Elvira Menéndez. 
  • 1º ESO B, D: El fantasma del valle de Alen C. McLean.
  • 2º ESO A, C: A cidade maldita de Xelucho Abella Chouciño.
  • 2º ESO B; D: As bruxas de Roald Dahl.
  • 2º ESO E: Movida na biblioteca de Josep Gregori.
  • 3º ESO A, C: Los enigmas de Leonardo de Marisol Ortiz de Zárate.
  • 3º ESO B, D: El oro de los sueños de José María Merino.
  • 3º ESO E: ¡Shhh... Esos muertos, que se callen! de Miguel Ángel Mendo.
  • 4º ESO A, B, C: Fortunato de Trasmundi de Darío Xohán Cabana.
  • 4º ESO D: Das novas cousas de Ramón Lamote de Paco Martín.
  • 1º BAC A, B, C, D: La mujer en los textos literarios (ed.de Carmen Servén Diez e alii)
  • 2º BAC A, B, D: Rebeldes de Susan E. Hinton.
  • 2º BAC C: A compañía clandestina de contrapublicidade de Marilar Aleixandre.

Novembro 2009

 

El fabuloso mundo de las letras
de
Jordi Sierra i Fabra

 


“A Virgilio no le gustaba leer.
Más aún: Virgilio odiaba leer.
Cierto que la palabra “odiar” es fuerte, espantosa, pero... era la realidad. Lo decía y reconocía él mismo, sin tapujos:
- Odio leer.
Y se quedaba tan campante.
De hecho todo había comenzado un día, mucho antes, cuando apenas salía de párvulo, y su profesora le había dicho:
-Virgilio, vas a leerte este libro.
Él preguntó:
-¿Por qué?
Y la profesora le soltó un grito:
-“Porque te lo digo yo y se acabó”

Un rapaz que odia os libros descobre a maxia e a beleza da literatura.
Virxilio foi obrigado no colexio a ler. E, aínda por riba, tivo que coñecer ao escritor. Non sabía que ese sería o inicio dunha nova vida...    

Do mesmo autor tamén podedes atopar na Biblioteca:

 

•    Las alas del sol
•    Campos de fresas
•    Casting
•    Chamando ás portas do ceo

•    Las chicas de alambre
•    Una historia de dragones y princesas
•    La memoria de los seres perdidos
•    Noche de viernes

 

 

 

 

 

 

 

Novembro 2009

 

GALICIA


...
¡Sempre Nai, sempre Señora,
con leda ou cativa sorte;
preto e lexos; onte, agora,
mañán... na vida e na morte! 

A facenda, o creto, a vida,
o fogar... ¡toda por ela!
Con Castela, ben querida;
aldraxada...¡sin Castela!

¡Irmáns! ¡Rubamos o cume
desatrancando o camiño,
e botemos man do lume
onde non chegue o fouciño!

¡Todo pra nosa Galicia,
fror de tódalas virtudes;
pra sedenta de xusticia,
ferida de escravitudes!

Namentras a sangre vibre
en beizos e corazón...
¡a espranza de vela libre
i este berro: ¡Redención!

¡Xuremos!
"Dereito ou torto,
sin máis alcuño ni achego,
doente ou san, vivo ou morto,
gallego...¡soio gallego!"


Ramón Cabanillas (1876-1959)

 

 

Outubro 2009

 

Bícame profe


de
Kazuma Kodaka

Chegou o manga ao instituto!

1.    Atsushi-Kun está namorado de Maachan e tenta matricularse no instituto Jyogaoka  para estar preto del nos próximos tres anos.

2.    Os alumnos do instituto van de vacacións a Hawai, Atsushi-Kun comparte cuarto con Maachan, irmán do seu gran amor Masayoshi.

3.    Nunha nova viaxe, nesta ocasión a Noruega, Masami-san confesará ao seu pai a súa relación con Toru-Kun. Que dirá o pai? ...

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer