|
Haruka Murakami María Reimóndez Vicente Molina Foix
|
A XIV edición tivo como Xurado aos alumnos dos Institutos:
|
Anxos Sumai Julian Barnes Luis Landero |
![]() ![]() |
Xurados (edicións XIV e XIII) |
(Prema no título se desexa ver o libro colaborativo)
![]() |
A Biblioteca do IES "San Paio" quere lembrar este ano o día internacional da muller cunhas referencias a moitas mulleres que protagonizaron, nas distintas épocas da historia, un papel salientable nos más diversos campos do saber. Comezamos lembrando a promotora desta data: CLARA ZETKIN (5 de xullo de 1857 - 20 de xuño de 1933)
Política socialista alemana moi influente, así como unha loitadora polos dereitos da muller.En 1874, tras finalizar os seus estudos para converterse en profesora, Zetkin entrou en contacto co movemento obreiro e feminino en Alemaña, uníndose ao Partido Socialista dos Traballadores (SAP) en 1878. En 1890 cambiou o seu nome ao actual Partido Socialdemócrata Alemán (SPD). Durante o seu exilio en París xogou un importante papel na fundación da Segunda Internacional. Zetkin interesouse moito na política sobre a muller, a loita pola igualdade de dereitos e o dereito ao voto, impulsando o movemento feminino na socialdemocracia alemá. Entre 1891 e 1917 editou o xornal "Igualdade" e en 1907 converteuse en líder da nova Oficina da Muller do SPD. Foi ela a que decidiu que a partir do 8 de marzo de 1911, devandita data se considerase o "Día Internacional da Muller" ou "Día da Muller Traballadora" . Durante a Primeira Guerra Mundial,xunto con outros activistas antibelicistas, Zetkin organizou unha conferencia internacional de mulleres socialistas contra a guerra en Berlín en 1915. En xaneiro de 1919, trala Revolución Alemá de novembro do ano anterior, fundouse o Partido Comunista de Alemaña (KPD), partido ao que se uniu Zetkin, sendo elixida representante no Reichstag entre 1920 e 1933. Deste período data a súa entrevista con Lenin sobre a "cuestión feminina. Entre outras cousas ela foi quen propuxo a creación do Día da Muller Traballadora, máis coñecido como o Día Internacional da Muller, que logo foi declarado universalmente para o 8 de marzo de cada ano.
![]()
|
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer