libro DE RESULTADOS

ALUMNADO SÁNCHEZ CANTÓN

.
.

ALUMNADO SÁNCHEZ CANTÓN


Para saír nesta páxina, informade na vicedirección dos vosos resultados ou a través do correo de contaco fpc.gestion@gmail.com

Ultimos resultados: 

15/3/2014, Eva Murio, alumna de 4º ESO foi convocada, para participar co equipo Nacional de Bádminton no campeonato de Europa sub 17 na cidade Turca deAnkara do 15 - 23 de Marzo de 2014.

23/1/15: O alumno Javier González 3º en Open Tesalónica Taekwondo. Enlace a nota en prensa

Alejando Sánchez Vázquez, alumno de 2º Bach no Sánchez: porteiro no Pontevedra, División de Honra Xuvenil, noticia en prensa 6/12/2013

21/5/2013 Resultados Campeonato de España Bádminton celebrado en Vegadeo (Asturias)

Eva Murio Moure, alumna de 3º ESO no Sánchez Cantón: oro (dobles) y plata (individuales) en categoría sub-15. A súa hirmá Natalia fou subcampeona en categoría mini na mesma competición. Ambas compiten no clube Reale Thebes de A Estrada. 

6/3/13, no campeonato de España de marcha en ruta celebrado en Murcia, Antía Chamosa Dacasa, campeona de España en 5 km. categoría cadete. Antía estudia 2º ESO actualmente no noso centro e adestra na Escola Municipal de Atletismo de Cuntis.

30/12/12: Pablo Lijó Santos, alumno de 1º TSAAFD gana na categoría de dobres o Trofeo La Voz de Padel

20/12/12: 2º posto por equipos e participación dunha representación do alumnado do IES Sánchez Cantón na I Carreira Escolar Solidaria Illa do Cobo. A carreira tivo como obxectivo recaudar alimentos para o comedor social de Pontevedra, estando organizada polo alumnado de 2º TSAAFD e contando coa participación de Xunqueira I, Xunqueira II e Sánchez Cantón. 

4/09/12: Juan Antonio Saavedra, ex alumno del Sánchez Cantón gana a medalla de prata en tiro con carabina nos Xogos aralímpicos de Londres 2012

6/6/2012 Parabéns ó alumno de 3º ESO B Daniel Chamosa Dacasa, subcampeon nacional marcha atlética cun tempo de 23 minutos e 34 segundos,

4/3/2012: Parabéns ó alumno de 3º ESO B Daniel Chamosa Dacasa ó acadar en Pontevedra o subcampeonato de España de marcha atlética en categoría cadete na distancia de 5.000 m cun tempo de 23´24".

Parabéns á alumna de 1º ESO B no IES Sánchez Cantón Ángela de Faveri Álvarez, o acadar a medalla de bronce na categoría M-15 no recente Campeonato de España Escolar 2012 por equipos celebrado en Castilla La Mancha. Ángela adestra no Clube Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra.