Recursos e Actividades

FRANÇAIS

DELF SCOLAIRE/ DELF ESCOLAR (Diploma de Estudos en Lingua Francesa)

 

En España ofrécese en 3 niveis : A2, B1 e B2. Adoitamos preparar e presentar ao alumnado interesado que cursa Francés en Bacharelato ao nivel B1. Este diploma recoñécese en 173 países do mundo e ten unha validez permanente. Para máis información, podes consultar o documento anexo.

 

E-TWINNING

Iniciativa da Comisión Europea, dentro do programa Erasmus +, para fomentar a colaboración escolar en Europa usando as tecnoloxías da información e da comunicación.

O proxecto realizado polo alumnado de Francés de 2º da ESO (2021-22) Bienvenue chez moi. Viens visiter une demeure historique et découvre une recette maison de notre région, foi recoñecido co selo European Quality Label.

Distribuir contido