Skip to Content

DEVOLUCIÓN DE ORDENADORES, KITS DE CONEXIÓN A INTERNET E LIBROS DE TEXTO

 Devolución de ordenadores e kits de conexión a internet: deberá facerse o día 22 de XUÑO de 9.00 a 11.00 no SALÓN DE ACTOS do centro POLA NAI OU PAI do alumno que os recibiu ou, excepcionalmente, por outra persoa debidamente autorizada por eles (mediante escrito acompañado de fotocopia ou orixinal dos DNIs do autorizante e do autorizado).

O material recibido deberá DEVOLVERSE EN PERFECTO ESTADO, EMBALADO na súa caixa correspondente e con todos os elementos que o compoñen. No momento da entrega o proxenitor ou persoa autorizadadeberá ASINAR UN DOCUMENTO DE DEVOLUCIÓN no que se fa constar calquera incidencia que se observe no equipamento.

Devolución dos libros do Fondo Solidario da Xunta de Galicia: deberá facerse os días 23, 25 e 26DE XUÑO na BIBLIOTECA segundo o seguinte horario:

 

 

9.00 a 10.00

10.00 a 11.00

11.00 a 12.00

12.00 a 13.00

13.00 a 14.00

23 de xuño

1º ESO A

1º ESO B

 

1º ESO C

2º ESO A

-

25 de xuño

2º ESO B

 

2º ESO C

3º ESO A

3º ESO B

-

26 de xuño

3º ESO C

3º ESO D/ PMAR

4º ESO A

4º ESO B

4º ESO C

Lémbrase que TODOS OS LIBROS RECIBIDOS se deberán entregar en PERFECTO ESTADO (ou como se recibiron), sen forrar, sen suliñar e sen nome. Trátase dun requisito imprescindible para acceder a axuda nos vindeiros anos.

SOAMENTE os alumnos que SUSPENDERON algunha materia en xuño poderán quedarse cos libros correspondentes, que deberán devolver en setembro (segundo un horario que se anunciará oportunamente).

Para axilizar a entrega, rógase o ESTRITO CUMPRIMENTO DO HORARIO ESTABLECIDO.

A entrega dos libros poderá efectuarse POLO PROPIO ALUMNO OU POR ALGÚN DOS SEUS PROXENITORES (soamente unha persoa), que accederá ao centro con máscara e gardando a debida distancia interpersoal de dous metros.

A medida que vaian chegando, alumnos e proxenitores farán cola á porta da biblioteca e entrarán, COS LIBROS ORDENADOS E PREPARADOS PARA ENTREGAR, cando sexan chamados. Antes e despois de efectuar a entrega deberán desinfectarse co xel hidroalcólico que se poñerá a súa disposición.

Devolución dos libros prestados pola ANPA: deberá facerse NO MESMO HORARIO que a devolución dos libros do Fondo Solidariono SALÓN DE ACTOS.

 



story | by Dr. Radut