Skip to Content

Actividade presencial do alumnado de 2º de bacharelato

 En cumprimento das instrucións contidas na Resolución do 22-05-2020 da Consellería de Educación, informamos:

  1. Retórnase á actividade lectiva presencial, con carácter voluntario para o alumnado de 2º de bacharelato, entre o 25 de maio e o 19 de xuño.
  2. A docencia telemática, que vimos desenvolvendo desde hai máis de dous meses e que supuxo a adaptación de todos os nosos recursos humanos e materiais, segue sendo prioritaria.
  3. Hai restricción de acceso ás instalacións do Instituto, tanto para o persoal do centro como para alumnado e familias. (Cada colectivo recibirá as indicacións pertinentes).
  4. A actividade presencial seguirá o horario oficial fixado a principio de curso. Non obstante, o alumnado e o profesorado poderán acordar facer un uso restrinxido ou parcial dese horario.
  5. O alumnado de 2º de bacharelato que asista ás instalacións do Instituto debe adaptarse obrigatoriamente ao Protocolo de medidas de prevención (Anexo ás devantidas Instrucións), que se estracta no documento adxunto abaixo, e que é de obrigado cumplimento.
  6. O alumnado que asista, permanecerá no recinto o tempo estrictamente necesario.
  7. A asistencia de profesorado de 2º de bacharelato ás clases presenciais pode quedar limitada pola regulación contida nas Instrucións da Consellería. Para asegurar que o alumnado vai ser atendido cando acuda ás instalacións, deberá confirmar previamente que o seu profesorado estará en condicións de atendelo.
  8. De non ser posible a asistencia do profesor titular, a dirección disporá a presencia doutros docentes con destino no centro, e comunicará a situación ao alumnado afectado.

Sábado, 23 de maio de 2020

 

AnexoTamaño
Medidas de prevención - Estracto.pdf237.34 KB


story | by Dr. Radut