Skip to Content

Certificacións e títulos

Certificacións académicas e CELGAS

De acordo coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a solicitude e recollida de certificacións e CELGAS deberá tramitarse persoalmente na secretaria do centro presentando o seu D.N.I. ou documento oficial que o identifique.

De non ser posible a súa asistencia poderá delegarse noutra persoa mediante autorización por escrito segundo o módelo que se facilita.

Nota: Cando se trate de estudos de B.U.P. ou anteriores, e sempre que sexa posible, deberá acreditar os cursos que ten superados mediante a presentación do libro escolar.

Títulos

A recollida dun título deberá facerse persoalmente na secretaria do centro presentado o seu D.N.I. ou o correspondente documento oficial identificativo.

De non ser posible a súa asistencia poderá delegarse noutra persoa mediante autorización por escrito segundo o módelo que se facilita.

No caso de residir fora da localidade e non ter posibilidade de recollelo en persoa ou por medio de persoa autorizada deberá poñerse en contacto coa secretaría do centro para tramitar o seu envío a un centro cercano a súa residencia.




page | by Dr. Radut