Skip to Content

3º PMAR

logotipo da Unión Europea Logotipo da Consellería de educación
 
   

Os Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento forman parte das medidas extraordinarias de atención á diversidade e teñen por finalidade facilitar que os alumnos e as alumnas, mediante unha metodoloxía específica e unha organización de contidos e materias do currículo diferente á establecida con carácter xeral, alcance as competencias do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria, poidan cursar o cuarto curso pola vía ordinaria e obteñan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

O alumnado que siga un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento terá un grupo ordinario de referencia co que cursará as materias non pertencentes aos ámbitos.

O currículo dos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento inclúen os seguintes ámbitos:

Ámbitos
Específicas
• Ámbito lingüístico e social.  Abrangue os aspectos básicos do currículo correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Xeografía e Historia.
• Ámbito científico e matemático, que abrangue os aspectos básicos do currículo correspondente ás materias de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía, e Física e Química.
• Ámbito de linguas estranxeiras, que abrangue os aspectos básicos do currículo correspondente á materia de Primeira Lingua Estranxeira.
• Educación Física
• Educación Plástica e Visual
• Música
• Tecnoloxía
• Segunda lingua estranxeira ou Cultura Clásica. (Elixir 1)
• Valores éticos ou Relixión (Elixir 1)

Información importante

Os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverán a partir do 2º curso da ESO están cofinanciados polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do obxectivo temático 10.- Investir en educación, formación y formación profesional para la adquisición de capacidades y un aprendizaxe permanente.

Con esta medida preténdese conseguir que un maior número de alumnos e alumnas consigan finalizar con éxito a educación secundaria obrigatoria que lle permita continuar estudos en formación profesional de grao medio ou continuar estudos no bacharelato. Trátase dunha medida esencial para reducir a taxa de abandono escolar temperá na Comunidade Autónoma de Galicia.

Con estes fondos fináncianse os gastos de profesorado e os custos indirectos. A taxa de cofinanciamento do FSE é do 80% deses gastos.

Repartiuse ao alumnado do  PMAR de 3º de ESO e ao profesorado do mesmo un tríptico con información sobre esta acción do FSE.

Pódese consultar información máis completa na seguinte páxina web: http://www.edu.xunta.es/portal/fse-pmar



story | by Dr. Radut