Xa se poden recoller os títulos coas taxas pagadas no ano 2017

Xa están dispoñibles na Secretaría do centro, para a súa retirada, os títulos pagados (con independencia de cando se finalizaron os estudos) en 2017 e outros anos anteriores.

Cando cheguen novos títulos, publicarase nesta web e comunicaráselle ao alumnado solicitante por correo postal.

A persoa interesada pode pasar a retirar o seu título provista do D.N.I.

No caso de non poder facelo persoalmente, pode autorizar a outra persoa, que deberá exhibir:

  • o seu D.N.I.,
  • un escrito de autorización, onde debe figurar o nome e apelidos da persoa autorizada xunto co seu número de D.N.I. e deberá presentarse, inescusablemente, asinada pola persoa que autoriza.
  • unha fotocopia do D.N.I. do alumno/a que autoriza a retirar o seu título.

O horario de atención da Secretaría deste centro é de Luns a Venres de 9 a 14 horas.