Formación de alumnado responsable da convivencia no centro

 

Durante o  mes de outubro o alumnado elixido como delegado de cada grupo será formado e dotado das habilidades e características precisas para a mellora da convivencia nas aulas e no centro, tratando de desenvolver no alumnado a capacidade de axuda e de ser axudado como unha dimensión fundamental da convivencia.


Cremos que dispoñer dunha rede social é un dos factores preventivos máis importantes para evitar situacións de acoso escolar. Esta actividade está enmarcada dentro da liña de Mellora da Convivencia dos Contratos Programa e organizada polo Departamento de Orientación do IES Río Cabe.