Solicitude de actividades

O profesorado que desexe organizar algunha actividade debe cumprimentar e enviar a Vicedirección unha serie de formularios solicitando a actividade.

¿Como solicitar unha actividade?

O profesorado que desexe realizar unha actividade:

1º) Cumprimentará o formulario de proposta de actividades, que entregará en Vicedirección para a súa aprobación. No caso das familias profesionais debe contar tamén co prace da Xefatura de departamento correspondente.

2º) Unha vez aprobada a actividade pola Dirección o profesorado debe entregar en Vicedirección unha semana antes da actividade a lista de profesorado afectado, para que sexa debidamente informado.

3º) No caso dunha saída do centro o profesorado debe entregar en Vicedirección a lista de alumnado que participa na saída dous días antes da mesma. Tamén entregará ao alumnado a folla de autorización familiar cos datos da saída. Ningún alumno menor de idade pode participar na saída sen esta folla cumprimentada. Estas follas se entregarán na Vicedirección antes da saída.

Programa de actividades para o curso 2009-2010

Direccións de interese para a organización das actividades:

Vigo por dentro

Museos científicos coruñeses

MARCO: Museo de arte contemporánea de Vigo

Museo do mar de Galicia

VERBUM Casa das palabras

CAT: Centro de artesanía tradicional de Vigo

CEDAM: Centro de divulgación arqueolóxico municipal

Museo Liste. Etnográfico

Museo municipal de Vigo: "Quiñones de León"

Museo do Pobo Galego

Ministerio de Educación. Axuda aos centros e institucións

Distribuir contido