NOVA CONVOCATORIA ERASMUS PARA TITULADOS/AS DE GRAO MEDIO (PARA OS QUE REMATEDES EN XUÑO DE 2016)

VAS REMATAR  UN CICLO DE GRAO MEDIO EN XUÑO 2016 E QUERES REALIZAR PRÁCTICAS EN EUROPA?

SE VAS OBTER O TÍTULO EN XUÑO DE 2016 E ESTÁS INTERESAD@ NAS BECAS DO PROGRAMA ERASMUS + PARA TITULADOS/AS, DEBES SOLICITALO XA!

AS PRÁCTICAS SON REMUNERADAS E DURAN 6 MESES. IMPORTE DA BECA VARIABLE, PERO UNHA MEDIA DE 1000-1500 €/MES + 275 € PARA A VIAXE.

DESTINOS: por confirmar, pero é probable que sexa IRLANDA e ITALIA.

DATAS: as prácticas empezarían no mes de Setembro ou Outubro deste ano.

ENVÍA UN MAIL A: europa.iesrm@gmail.com, seguindo as seguintes instruccións:

Como asunto no mail, debes poñer: SOLICITUDE ERASMUS- TITULADOS/AS

No mail, debes poñer: 

- Nome completo, DNI, enderezo e teléfono

- Ciclo formativo que estás a realizar

- Idiomas estranxeiros que coñezas (inglés, francés, italiano, alemán ou outro) indicando o nivel

PRAZO PARA SOLICITUDE ATÉ O 31/05/2016.

ANÍMATE!