PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020 NA FP BÁSICA

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020 NA FP BÁSICA

Presentación de solicitudes:

 

  1. A solicitude (ANEXO I da Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas. DOG do 22) presentarase no centro de preferencia do 2 ata as 13.00 horas do día 12 de setembro de 2019. Neste mesmo prazo deberá ser entregado no centro educativo o documento de consentimento de incorporación á formación profesional básica, a que se fai referencia no artigo 11, alínea 1.d), da Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión a estas ensinanzas. De non entregaren este documento neste prazo, entenderase que os/as titulares da patria potestade ou representantes legais do alumnado non dan o consentimento de incorporación á formación profesional básica. 

  2. Prazo de matrícula:
  3. A formalización de matrícula poderá facerse do 13 ao 20 de setembro de 2019.

    Solicitudes fora de prazo:

     

    A partir do 12 de setembro, e ata o día anterior ao inicio do curso (16 de setembro), poderanse presentar solicitudes fóra de prazo, pero deberán facerse no rexistro sito no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra ou Vigo, segundo o sector de inspección ao que pertenza o centro, e irá dirixido á persoa inspectora encargada da escolarización do concello correspondente. 

    Modelo de solicitude, normativa aplicable e Anexo A , en arquivos adxuntos.

    O noso Centro oferta:

     

    Grao básico

    CBELE01 Electricidade e electrónica 18 prazas

    CBADG01 Servizos administrativos 18 prazas

    36017430 IES Ricardo Mella ies.ricardo.mella@edu.xunta.gal Tel. 886121001

 

 Oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario. Curso 2019-2020:
 
 
 
 
AdxuntoTamaño
SOLICITUDE FPB.pdf205.67 KB
Orde 13 de xullo de 2015.pdf926.51 KB
Anexo A FP Básica.pdf193.57 KB