Afillar unha lectura

Afillarlectura

   
   
   
   
   
   
 

Amizade, diálogo e lectura fan unha boa academia. Por iso propoñemos a seguinte actividade:

Nais, pais, estudantes e docentes poden afillar unha lectura. O "bautizo" será de libros que non sexan de lectura obrigatoria para unha materia. Hainos que están na biblioteca do centro, na túa casa ou en calquera outro lugar.

Quen apadriña consegue unha persoa disposta a ler o libro por primeira vez. Os tres veñen á biblioteca, uns minutos no recreo, e diante dunhas testemuñas o padriño ou madriña convence ao futuro lector das virtudes de tal lectura.

Cando a persoa xa leu o texto, entón volve á biblioteca -é certo, só uns minutos no recreo- co seu padriño ou madriña para falar sobre o contido do libro. Imos levar un rexistro de madriñas e padriños, afillados e afilladas, libros e lecturas.

Somos o que facemos para darlle valor ao que somos. Ler é valioso. Un premio. Non obstante, as persoas máis comprometidas nesta actividade recibirán na fin de curso ¿.......?

Para amadriñar ou apadriñar falen primeiro con quen atende a biblioteca.