Premio Atenea de teatro para TIXUCA

Premio Atenea 2008
   
   
   
     
   
 

Entregáronse os premios do VI Certame de Teatro Infantil e Xuvenil Atenea, organizado polo Ateneo Ferrolán co patrocinio de Caixa Nova, e unha vez máis o grupo de teatro do noso centro, Tixuca, acadou o galardón na categoría xuvenil.

A foto corresponde ao acto de entrega dos premios e nela vemos a algúns dos integrantes de Tixuca e a Pim, profesora directora do grupo, xunto cos membros do xurado. A foto inferior corresponde á obra gañadora, Un casting para Melchor, no día da súa estrea a principios deste ano.

Parabéns a todos os compoñentes de Tixuca!

 
     

 

     

 

 
Casting Melchor