Rogelio e Tania premiados por L'Oreal

Premiados L'Oreal
     
   
   
   
   
 

O martes 13 de maio o alumnado de perrucaría desprazouse ao hotel Eurostars Palace da Coruña para participar na gala que L'Oreal, en colaboración coa Consellería de Educación, organiza como remate do programa Aprender + que se desenvolve ao longo do curso.

Os representantes do noso instituto foron Rogelio Puga e Tania Casais, que acadaron o terceiro premio do trofeo ColorArt. Parabéns para ambos e os seus modelos, e tamén para Raquel Romero, alumna de estética que colaborou coas maquillaxes.

Os traballos comezaron pola mañá, pero o momento estelar da gala ten lugar pola tarde, cando van subindo ao escenario os dous participantes e os dous modelos de cada centro  para realizar alí mesmo os seus traballos: un na modalidade de corte e outro na de recollidos.

Os modelos desfilan entre o público asistente e finalmente o xurado decide os premios. O terceiro premio acadado consiste nunha viaxe a Barcelona.

Ademais das súas entusiastas compañeiras, acompañaron aos gañadores as profesoras Mª Carmen Otero, Mª del Alborser San Lorenzo e Esther Sánchez.

ENLACE ÁS FOTOS DO EVENTO