CICLOS FORMATIVOS

 Información xeral de admisión. Curso 2019/2020

 

Prazos do proceso de admisión

 


  • Establécense dous prazos de presentación de solicitudes:

              -  Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 2 de xullo.

              -  Prazo extraordinario: do 2 ao 10 de setembro.

  • O alumnado do prazo ordinario sempre ten preferencia sobre o do prazo extraordinario.

 Proceso de matriculación

 

Unha vez superado o proceso de admisión, nos prazos establecidos pola Consellería, debe formalizarse a matrícula no centro educativo coa entrega da seguinte documentación:

  1. DNI e fotocopia do mesmo.
  2. Impreso e sobre de matrícula debidamente cubertos.
  3. Ficha escolar cunha fotografía pegada.
  4. Xustificante acreditativo de ter abonada a cantidade de 1'12 € en concepto de Seguro Escolar, na conta de Nova Galicia Banco ES50 2080 0234 4630 4000 2950(exento deste pago o alumnado maior de 28 anos).
  5. Dúas fotografías tamaño carné con apelidos e nome ao dorso.
  6. Certificación Académica Oficial dos estudos acreditados(para alumnado de nova admisión)
( categories: )