Caranza en Sundance

Cando Peque Varela rematou os seus estudos de COU no IES RIcardo Carballo Calero marchou a Londres a estudar cine. Froito de todos estes anos de formación é a súa presenza no prestixioso certame de cine independente de Sundance cunha curtametraxe de animación titulada 1977, na que recrea as inquedanzas dunha rapaza que vive e crece en Caranza. A súa acollida en Sundance está a abrirlle á nova directora as portas doutros festivais internacionais.

1977

Parabéns Peque e grazas por levar Caranza e a imaxe do noso instituto ao outro lado do Atlántico!!!

A NOTICIA NA PRENSA