Bacharelato de Artes
Enviado por admin o Sáb, 23/02/2008 - 01:28
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O bacharelato de Artes é unha modalidade idónea para o alumnado que fai estudos deste tipo en conservatorios e outras escolas ou que pense facelos máis adiante. Ou simplemente para o alumnado que guste destas artes, xa que para cursar este bacharelato non se require ter formación específica previa -é suficiente o título en ESO- e está garantido o acceso á universidade a través das probas de selectividade, como ocorre coas outras modalidades.
Esta vía ten as mesmas materias comúns que os outros bacharelatos, pero difire nas materias troncais de opción e específicas. No seguinte recadro indícanse as materias que diferencian o Bacharelato de Artes do resto das modalidades.
|
|
|
PRIMEIRO CURSO
- Fundamentos da Arte I
- Análise musical I
- Cultura audiovisual I
- Linguaxe e práctica musical
|
SEGUNDO CURSO
|
|
|

|
O IES Ricardo Carballo Calero, que conta con esta modalidade de Bacharelato de Artes, traballa coordinadamente co Conservatorio de Música Xan Viaño.
Calquera alumno ou alumna que remate a ESO pode matricularse no bacharelato de Artes e non precisa ser alumno do Conservatorio nin ter coñecementos específicos de música nin de ningún instrumento.
A vantaxe para o alumnado do Conservatorio é que poden validar materias deste bacharelato cos seus estudos musicais.
|
|