INNOVACIÓN CURSO 2018-2019

Enviado por admin o Mar, 21/05/2019 - 21:07

 

Plan Proxecta: Donas de sí

Título do proxecto do centro:

Mulleres galegas con denominación de orixe

Un dos nosos obxetivos estratéxicos no IES Ricardo Carballo Calero é o fomento da educación en valores,relacionados cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a solidariedade, o voluntariado, a convivencia, a educación emocional, a igualdade de xénero.
No que se refire a isto último, aínda que celebramos logros de mulleres arredor do mundo, queda moito por facer para garantir que as mulleres e nenas disfruten de dereitos básicos como a educación e a protección contra a violencia.
A escola ten que ser honesta sobre os problemas e a presión que sofren as mulleres cando toman decisións importantes sobre a súa carreira profesional. Compre crear un ambiente seguro onde o alumnado poida falar sobre os retos e beneficios ós que se enfrentan. Isto pode facerse de diferentes xeitos como por exemplo cun proxecto interdisciplicinar que dé a coñecer a relevancia de muller de hoxe en día na sociedade galega.

Obxectivos:

Formar ó alumnado na autonomía persoal, fomentar a autoestima e orientar na formación dun proxecto de vida sen estereotipos.
Fomentar as vocacións buscando evitar as decisións profesionais derivadas de prexuizos.
Empoderar ás alumnas creando un entorno  no que poidan ser elas mesmas e poidan aprender en igualdade cos seus compañeiros.
Dar a coñecer e promover a investigación de mullleres galegas contemporáneas de relevancia na sociedade actual.

Organización, desenvolvemento e metodoloxía:

A través dunha metodoloxía activa e de traballo cooperativo  entre os distintos departamentos paraticipantes  no programa o traballo consistirá en:
-Actividade de exploración que pretende sacar á luz os coñecementos previos dos estudiantes con respecto a mulleres relevantes en diferentes campos na súa comunidade autónoma.
-Recompilación de información, búsqueda de datos significativos.
-Debates para visibilizar roles e estereotipos sexistas na sociedade.
-Charlas impartidas por mulleres galegas cun gran recoñecemento social polo seu labor profesional.
-Commemoración do día da muller traballadora facendo especial fincapé nas mulleres galegas.
-Exposición de traballos realizados polo alumnado no centro.
-Visualización de videos e documentáis con debate poste
Departamentos participantes: Música, Xeografìa e Historia, Inglés, Filosofía, Educación Física, Imaxe Persoal, Lingua Galega.
Alumnado implicado:
4º ESO    15 Alumnos
1º BACH    31 alumnos
1º CM. ESTÉTICA    25 alumnos
1º CS.ESTÉTICA    20 alumnos
1º CM PEITEADO 24 alumnos
O profesorado participante é o que  segue:Ángel Mediavilla del Río, Pedro Domínguez López, María do Mar Sobrín Sueiras, Mª Jesús Gimeno Peón, Álvaro Rivas Ares, Patricia Romero Rodríguez, Belén Ameijeiras García, Sira Salgueiro Fanego e Mónica Julías Piñeiro

Avaliación:
-    Enquisa de resultados sobre o grao de impacto na comunidade educativa.
-    Grao de consecución dos obxectivos plantexados.
-    Contribución do proxecto a adquisición das competetencias do alumnado.
-    Grao de implicación do alumnado na realización do programa

 

( categories: )