Acto de entrega das certificacións en calidade

Acto de entrega das certificación en calidade

 

O mércores 5 de decembro de 2007 tivo lugar no Pazo de Congresos de Santiago a entrega por parte da Conselleira de Educación, Dª Laura Sánchez Piñón, dos certificados na norma UNE EN ISO 9001:2000 e en IQNET acadados no ano 2007 por sete centros galegos, entre os que se atopa o noso instituto. O Director e a responsable de calidade do I.E.S. Ricardo Carballo Calero, en representación de toda a comunidade escolar, recolleron os certificados de mans da Conselleira e do Delegado de Aenor para Galicia. A certificación na norma ISO outorgada por Aenor goza dun amplo recoñecemento internacional, e o feito de conseguila implica un longo proceso de traballo en equipo e o sometemento de todas as actividades do instituto a un rigoroso e periódico proceso de auditorías externas.

Queremos expresar dende aquí os nosos máis entusiastas parabéns a todo o persoal do noso instituto e dos outros centros protagonistas do acto.

   

 ENLACE Á GALERÍA DE IMAXES DO ACTO

 

 ENLACE AO SISTEMA DE XESTIÓN DA CALIDADE