Skip to Content

Obradoiro de lecturas científicas

O  asombro  reverencial  que  a  ciencia  pode  proporcionar  é  unha  das  máis  grandes   experiencias  da  que  é  capaz  a  psique  humana.  É  unha  profunda  paixón  estética  comparable  á  da  música  e  a  poesía  máis  sublimes.  É,  certamente,  unha  das  cousas  que  fan   que   mereza  a  pena  vivir,  e  faino  da  maneira  máis  efectiva, porque  convéncenos  de  que  o  noso  tempo  de  vida  é  finito”.  (Richard  Dawkins)     

     

    En  realidade,  este  obradoiro  é  un  club  de  lectura  no  que  procuraremos,  mediante  textos  breves,  crear  un  tempo  de  diálogo  sobre  temas  de  divulgación  científica  para  mentes  curiosas.  

 

   

 

 

 

Dedicamos  a  primeira  sesión  a  falar  de  "Doggerland",  a  península  que  existía  hai  18000  anos,  cando  o  nivel  do  mar  no  norte  de  Europa  era  uns  122   metros  máis  baixo  que  o  actual, nas  coordenadas  que  hoxe  corresponden  ás  illas  británicas.  De  feito,  elas  son  a  parte  máis  alta  dese  antigo  territorio  que  non  foi  anegada  polo  desxeo.

Aproveitamos  para  tratar  o  tema  das  migracións  por  terra  e  a  consecuencia  do  forte  parentesco  xénetico  entre  as  persoas  do  norte  da  península  ibérica  e  os  actuais  habitantes  de  Irlanda  e  do  Reino  Unido.

Por  suposto, insistimos  na  necesidade  dunha  percepción  xeolóxica  para  comprender   a  paisaxe  do  presente.  Hai  15000  anos  a  ría  de  Ferrol  era  un  val.  A  lagoa  de  Doniños  ten  3000  anos  de  antigüidade.  

 


 

Na  segunda  sesión  tratamos  a  evolución  da  especie  humana  desde  a  perspectiva  da  integración  progresiva  de  diferentes  tipos  de  intelixencia (xeral,  lingüística, técnica,  natural  e  social)  para  acadar  a  fluidez  cognitiva  que  nos  fixo  seres  culturais.  A  longa  evolución  da  intelixencia  humana  que  nos  remonta  catro  millóns  de  anos,  unha  viaxe  no  tempo  pasado  desde  o  australopiteco  ata  o  homo  sapiens  sapiens.

Nun  momento  do  diálogo  xurdiu  un  aspecto  moi  interesante  :  a  mente  e  o  cerebro.

 

 

 

Dedicaremos  a  terceira  sesión  á  materia  escura  e  á  enerxía  escura.  Esa  realidade  misteriosa  que  non  está  composta  por  barións  (do  que  están  feitos  os  átomos)un  20%  do  Universo.  E  un  75%  de  enerxía  escura  que  acelera  a  expansión  do  Cosmos.  Apaixonante,  só  sabemos  o  que  compón  (átomos)  a  un  5%  da  materia-enerxía  total.

 

 

 

O  alumno  Jaime  Caneiro  pediu  tratar  unha  das  ciencias  sociais,  a  economía.  Imos  ler  uns  fragmentos da  obra  Los  amos  del  mundo,  para  reflexionar  sobre  as  diferentes  formas  de  diñeiro (bancario, virtual) e  coñecer  o  funcionamento  básico  do  sistema  económico  capitalista  no  seu  aspecto  especulativo.  

 


Dedicamos  unha  das  sesións  á  mutación  xenética  que  fixo  posible  acumular  graxa  no  corpo  dos  australopitecos.  Coas  implicacións  na  evolución  da  especie  humana  e  no  modo  de  vida  nas  sociedades  industriais  avanzadas.

A  obra  de  Lisa  Randall,  El  descubrimento  de  Higgs,  é  a  fonte  para  seleccionar  uns  fragmentos  que  nos  permitan  pensar  sobre  un  dos  decubrimentos  máis  senlleiros  da  ciencia  física :  unha  partícula  que  nos  fala  do  poder  dos  campos  de  enerxía  para  xerar  masa.

No  ámbito  da  filosofía  da  ciencia,  o  bosón  de  Higgs  é  un  exemplo  oportuno  para  tratar  as  diferenzas  entre  o  racionalismo  e  o  empirismo,  entre  a  física  matemática  e  a  física  experimental.

 

 

 

La  nueva  mente  del  emperador,  obra  do  físico-matemático  Roger  Penrose,  é  a  nosa  referencia  para  tratar,  mediante  unha  selección  de textos,  o  tema  da  relación  mente-cerebro.

Unhas  páxinas  da  obra  de  Nicholas  Carr  serán  obxecto  de  lectura  para  analizar  a  influencia  das novas  tecnoloxías  sobre  o  cerebro,  e  as  consecuencias  no  proceso  de  aprendizaxe.

 

No  obradoiro  do  día  22  de  maio  faremos  o  diálogo  construtivo  sobre  os  efectos  das  novas  tecnoloxías  no  ámbito  da  comunicación  humana.  O  texto  seleccionado  da  obra  de  Pascual  Serrano  trata  a  cuestión  da  movilización  política.

 

Platón  mandou  poñer  no  pórtico  da  súa  Academia  :  "Que  non  entre  ninguén  ignorante  en  xeometría".  A  historia  da  ciencia  deulle  a  razón.   A  estrutura  xeométrico-matemática   é  fundamental  no  ADN,  nos  adenovirus,  nas  proteinas,  nos  minerais,  etc.

 

 

Para  rematar  a  serie  de  lecturas  científicas,  durante  o  presente  curso,  o  alumno  Vicente  Zapatero  pediu  tratar  o  tema  da  economía  baseada  nos  recursos.  Gunter  Pauli,  na  súa  obra  Economía  azul  analiza  cen  casos  prácticos  que  amosan  a  realidade  dun  sistema  económico  que  aprende  da  ecoloxía.  

 

 

Comezamos o obradoiro de lecturas científicas do ano académico 2014-2015, cun texto que trata sobre os problemas de alimentar a unha poboación futura de 9000 millóns de habitantes no planeta. Sería unha solución comer insectos ?

 

 

Na segunda sesión do obradoiro de lecturas científicas imos ler un artigo de Xurxo Mariño Alfonso, presente na súa obra Os dados do reloxeiro, que trata sobre os Cyborgs : persoas nas que o funcionamento fisiolóxico está axudado ou depende dun aparato mecánico ou electrónico.

 

Se busca “mujer intrépida” para parir un bebé neandertal.

Un biólogo de Harvard sugiere crear un grupo de neandertales en un país sin obstáculos legales, una posibilidad técnicamente dudosa y éticamente “horrorosa”, según otros expertos.                                 20/01/2013

 

Aproveitamos o artigo exposto en esmateria.com, unha excelente publicación de divulgación científica, para tratar a cuestión de clonar especies animais extinguidas, neste caso un homínido, e as súas implicacións éticas.

 

 

El hombre, la gente y sus neuronas espejo.

En esas células del cerebro está el origen de la capacidad de empatía hacia el otro, la vida en sociedad y la cultura. Su descubrimiento entronca con el pensamiento sociológico de José Ortega y Gasset.   EL  PAÍS.  18-AGO-2012. 

 

Cuando el rojo suena a do.

Un sinestésico cruza diferentes sentidos en un mismo acto perceptivo. 

EL  PAÍS,  3-JUN-2014. 

 

 

Cerebro de delincuente.

Las técnicas de neuroimagen identifican un área relacionada con la propensión a saltarse la ley.

Los científicos discrepan sobre la genética del comportamiento humano. 

EL PAÍS.  27 - MAR - 2013.

 

 

Las ventajas del multilingüismo.

Quienes aprenden dos lenguas al mismo tiempo tienen más habilidades cognitivas.

EL  PAÍS.  31 - MAR - 2014.

 

 

 CAL É O INVENTO MÁIS IMPORTANTE DOS ÚLTIMOS 2000 ANOS ?

Imos comezar as sesións do ano 2015 cun artigo da obra de Xurxo Mariño, Po de estrelas. A nosa intención é dedicar o segundo trimestre ós diferentes aspectos do progreso tecnolóxico, un ámbito de coñecemento obrigatorio para calquera persoa interesada polo que acontece no mundo contemporáneo, os textos do obradoiro de lecturas científicas procurarán establecer relacións cos factores da análise : éticos, sociolóxicos, políticos, psicolóxicos, históricos, etc. Unha ponte para o diálogo das humanidades coa tecnoloxía.

 

“Lo   que  big  data  puede  contar  sobre  tu  culo”  é  un  interesante  artigo  de  Antonio  Martínez  Ron,  publicado  en  www.jotdown.es,  que  nos  vai  servir  para  reflexionar  sobre  o  control  exercido  pola  “datificación”,  mediante  as  novas  tecnoloxías,  dos  nosos  hábitos  e  costumes.

 

 

“Realidad  virtual  contra  el  racismo”,  un  artigo  do  xornal  EL  MUNDO (3-01-2015)  que  imos  ler  para  analizar  os   diferentes  aspectos  dunha  tecnoloxía  con  moito  futuro.

 

  

Futuro contra futuro.   EL  CULTURAL.  26-9-2014

Con este artigo imos reflexionar sobre a seguinte cuestión : As novas tecnoloxías van facer unha sociedade futura mellor, ou o ser humano vai ser máis dependente e inútil?

Einstein non pensaba no futuro “porque chega moi pronto”. A retranca dos xenios.

 

 

¿Pueden las máquinas sustituir a la mitad de los trabajadores en activo?

Un estudio asegura que el 55 % de los empleos españoles actuales podrían ser automatizados en veinte años. Los expertos discrepan sobre los efectos en el mercado laboral.    LA  VOZ   DE  GALICIA.  11-02-2015.

Na lectura deste artigo imos analizar as implicacións, no mercado laboral, do uso das máquinas. As ciencias humanas (economía, psicoloxía e socioloxía) son o marco da nosa reflexión.

 

 

 

¿Qué estudiarán los que hoy son bebés?

Gestor del caos, sastre de nanotejidos... trabajos que aún no existen pero usan las matemáticas y la imaginación, los elementos que construyen los empleos del futuro.  EL  PAÍS.  27-12-2014.

Os avances científico-tecnolóxicos xerarán novos estudos e profesións. Facer prospectiva é necesario para tomar conciencia do cambio social que causarán as tecnoloxías futuras.  

 

 

Iamus, la máquina compositora de música clásica

 

‘Iamus’, la máquina que quiere ser todos los compositores  14/07/2012   esmateria.com

Iamus, esta máquina de compoñer música clásica, é un exemplo moi interesante para pensar sobre a natureza da creatividade e da comunicación do feito artístico.

 

 

El robot HAL en '2001: Una Odisea del espacio', de Kubrick,...

 

El robot HAL en '2001: Una Odisea del espacio', de Kubrick, un icono de la inteligencia artificial. 

 

El reto de las máquinas pensantes  EL MUNDO   18/01/2015

 

Terán as máquinas pensantes consecuencias apocalípticas? Ou van ser o medio para un desenvolvemento excepcional? Se pensan, e poden sentir, deberían posuír dereitos civís? Chegarán os seres humanos a ter empatía polos artefactos intelixentes?

 

 

¿Por qué somos tan obedientes?

Nos sometemos demasiado sumisamente a que nos digan qué pensar y qué hacer.

La verdadera rebeldía pasa por asumir nuestra responsabilidad personal y tomar la iniciativa.

EL  PAÍS  SEMANAL.  11-MAY-2014

Tres cosas que la ciencia te cuenta sobre el amor y quizá preferirías no saber

Muchos de los sentimientos y comportamientos relacionados con el amor están vinculados con mecanismos surgidos para mejorar nuestras posibilidades de supervivencia y esconden impulsos muy poco románticos.

esmateria.com  14-02-2014

 ¿Podemos  controlar  la  realidad?  

   FILOSOFÍA  HOY.                                                                        MARZO  2015.  Nº  41.

 

ENTREVISTA | Susana Martínez-Conde, Directora del Laboratorio de Neurociencia Visual del Barrow Neurological Institute

“Nuestro cerebro no nos permite ver la realidad tal como es”

La vista y la memoria nos engañan, pero, dadas las circunstancias, esa distorsión de la realidad es beneficiosa, según la neurocientífica gallega.   Daniel  Mediavilla.  04-04-2014.   esmateria.com


  

¿El fin de la clase magistral?

El sistema insiste en que los alumnos memoricen datos que pueden encontrar en segundos.  EL  PAÍS.  08  MAR  2015.

 

Imos  dialogar  sobre  algúns  artigos  desta  interesante  obra  do  divulgador científico  Pere  Estupinyá.  Pertencen  á  sección  titulada  "Lagunas  en  el comportamiento  humano".

HISTORIA DE LA CIENCIA

Semmelweis, el mártir del lavado de manos

La Unesco reivindica la figura del médico húngaro que hace 170 años demostró que la falta de medidas higiénicas de los médicos transmitía enfermedades a sus pacientes.  EL  PAÍS.  24-ABR-2015

Hipatia,  Giordano  Bruno,  Galileo,   Miguel  Servet,  Semmelweis;  son  exemplos,  entre  outros  moitos,  do  sacrifizo  persoal  de  quen  fixo  progresar  o  coñecemento     para  beneficio  da  humanidade.  Sen  dúbida,  na  historia,  dedicarse  á  ciencia  é  unha  profesión  perigosa.



page | by Dr. Radut